Geraldine Ferraro
Geraldine Ferraro, nada en Newburgh o 26 de agosto de 1935[1] e finada en Boston o 26 de marzo de 2011, foi unha política estadounidense. Membro da Cámara de Representantes, foi a primeira muller candidata á vicepresidencia do país por un dos dous grandes partidos, o Partido Demócrata, nas eleccións presidenciais de 1984.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Geraldine Ferraro era filla de Dominick Ferraro, un inmigrante italiano dono de dous restaurantes,[2][3] e de Antonetta L. Corrierie, tamén italiana. Tivo tres irmáns que naceran antes ca ela, mais un faleceu cando era neno e outro aos tres anos.[4] Ferraro doutorouse con honores en dereito na Universidade Fordham en 1960.[5][6]
En 1979 foi nomeada membro da Cámara de Representantes polo 9.º distrito electoral de Nova York.[7]
En 1984 Ferraro foi escollida polo candidato presidencial Walter Mondale como candidata á vicepresidencia,[8] despois de considerar outros candidatos como Gary Hart e Jesse Jackson.[9] Aínda que Ferraro era católica, a Igrexa católica criticouna por estar a favor do aborto.[10]
De 1993 a 1996 serviu como embaixadora dos Estados Unidos na Comisión de Dereitos Humanos da ONU durante a administración de Bill Clinton.[11] En 2008, Ferraro expresou o seu apoio á candidatura presidencial de Hillary Clinton.[12]
En 1998, foille diagnosticado un mieloma múltiple, aínda que non o fixo público ata 2001, data en que comezou a dar charlas sobre a súa doenza.[13] Faleceu o 26 de marzo de 2011 a consecuencia do cancro que a afectou durante case trece anos.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perlez, Jane (10 de abril de 1984). "Woman in the News; Democrat, Peacemaker: Geraldine Anne Ferraro". The New York Times.
- ↑ Ferraro and Francke, My Story, p. 17.
- ↑ "The Geraldine A. Ferraro Papers" (PDF). Marymount Manhattan College. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de setembro de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008. pp. 2–3, 88–90.
- ↑ Lague, Louise (30 de xullo de 1984). "The Making of a Trailblazer". People. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2016. Consultado o 1 de setembro de 2008.
- ↑ "Ferraro, Geraldine Anne (1935 – )". Biographical Directory of the United States Congress. Consultado o 30 de agosto de 2008.
- ↑ Raab, Selwyn (21 de xullo de 1984). "Ex-Colleagues Praise Rep. Ferraro As Lawyer". The New York Times.
- ↑ Barone, Michael; Ujifusa, Grant; Matthews, Douglas (1979). Almanac of American Politics, 1980: The Senators, the Representatives, the Governors — Their Records, States, and Districts. E. P. Dutton. p. 593.
- ↑ «JACKSON APPLAUDS MONDALE ON 'CLOSING OF GENDER GAP'.» The New York Times, 13 de xullo de 1984 (en inglés)
- ↑ «Trying to Win the Peace.» Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Time, 12 de xullo de 1984 (en inglés)
- ↑ «Pressing the Abortion Issue» Arquivado 22 de agosto de 2013 en Wayback Machine.. Time, 24 de setembro de 1984 (en inglés)
- ↑ Brozan, Nadine (23 de outubro de 1993). "Chronicle". The New York Times.
- ↑ «What we Learned the Hard Way.» Arquivado 31 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Newsweek, 25 de decembro de 2006 (en inglés)
- ↑ Gorman, Jessica (outono de 2007). "A Public Life With Cancer". CR. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2008.
- ↑ "Ferraro, first female vice president candidate, dies at 75". NBC News. Associated Press. 26 de marzo de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geraldine Ferraro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Text of speech accepting Democratic Party nomination for Vice President of the United States, 19 de xullo de 1984
- FBI file on Geraldine Ferraro
- "Geraldine Ferraro" Arquivado 26 de xuño de 2017 en Wayback Machine. – Vídeo producido por Makers: Women Who Make America
- Geraldine Ferraro: Paving the Way – Documental sobre Geraldine Ferraro
- "Geraldine A. Ferraro collected news and commentary" en The New York Times