Galeras, Sucre
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Sucre | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.548 (66,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 326,1 km² | ||||
Altitude | 80 m | ||||
Sitio web | galeras-sucre.gov.co |
Galeras é un municipio de Colombia situado no departamento de Sucre, ao norte do país. Dista 50 km da capital departamental, Sincelejo. É municipio desde o 24 de outubro de 1968.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio ten unha superficie de 321 km², e ten unha altitude media de 80 msnm.[1] A súa poboación, no ano 2015, era de 20 188 habitantes.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 1782.[1] E erixida co mo municipio o 24 de outubro de 1968.[1]
O seu alcalde é Remberto Javier Amell Hernández (2016-2019).
Cultura
[editar | editar a fonte]Unha das principais actividades culturais é o "Festival", onde se expoñen 'cadros vivos' personificados pola comunidade, na cal se recrean episodios da tradición cultural e relixiosa que se vive neste municipio.
A aparición dos cadros vivos en Galeras remóntase ao século XIX, segundo a antropóloga Gloria Triana, en concordancia co expresado no documento para a sustentación do Plan Especial de Salvaguarda diante do Ministerio de Cultura de Colombia, moito antes do ano 1849, cando a vila se eleva á categoría de aldea ou correxemento.
Algúns autores, como o escritor Oscar Collazos, aseméllano ao Tableau Vivant, de Francia, un tipo particular de entretemento social que tivo moito auxe na primeira metade do século XIX e que consistía basicamente en que xeralmente as persoas ricas nunha festa adoitaban disfrazarse como personaxes dunha pintura ou un gravado. Picante e brillante, adoitaba ser unha forma xeneralizada de entretemento, pero que desapareceu, probabelmente como resultado do auxe da industria do entretemento, no século XX, especialmente despois do nacemento da cinematografía.
Porén, en Galeras conservouse esta singular manifestación cultural de maneira espontánea. Alí se realiza, a maneira de teatro, de galería de arte vivo a ceo abirto, unha exposición anual de cadros vivos, ao longo de tres rúas, onde, á noite, expóñense exercicios creativos, con participación masiva de mulleres, anciáns, nenos, nenas e mozos, dando mostra dunha orixinal e versátil mostra de propostas visuais cuxos temas tocan o relixioso, os costumes, o amor, a soidade, o abandono, a crítica social, os soños, os mitos, medos e esperanzas, a pobreza, a educación ambiental, a protesta e tantos temas como cerebros hai na localidade.
O Ministerio de Cultura de Colombia ten pensado incluír estes cadros vivos na súa Lista do Patrimonio cultural inmaterial da Nación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Información general de Galeras". Alcaldía del municipio. Consultado o 26 de maio de 2018.[Ligazón morta]
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Censo nacional Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galeras, Sucre |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ministerio de Cultura de Colombia. Galeras, Sucre (en castelán).
- Páxina web do municipioArquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).