Saltar ao contido

Gaia (sonda espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaia
Primeira imaxe completa do ceo creada cos datos de Gaia.
TipoObservatorio astronómico
OrganizaciónESA
Data de lanzamento19 de decembro de 2013, 9:12 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz ST-B[1][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[1][6]
Obxectivo da misiónAstrometría e fotometría.[1][6]
NSSDC ID2013-074A
Masa2030 kg[1]

Gaia é un observatorio espacial da ESA, lanzado no 2013 e con esperanza de funcionamento ata 2022. Está deseñado para a astrometría: medición das posicións, distancias e movementos das estrelas cunha precisión sen precedentes.[7] En setembro de 2016 foi liberado un primeiro conxunto de datos. En abril de 2018 foi liberado un segundo conxunto de datos, con máis de 1700 millóns de estrelas referenciados,[8][9] despois de dous anos de observacións e case catro de procesamento de datos por partre dun equipo de 450 persoas. O catálago fixo necesario facer un seguimento do satélite cunha precisión maior que 20 milisegundos de arco.[10]

No 2019 notifícase que está a estudar a colisión entre a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda[11] (M31, prevista para dentro duns 4500 millóns de anos), e desta e a galaxia do Triángulo (M33) dentro do programa de construción dun mapa tridimensional do ceo e cos datos liberados nun segundo conxunto (en 2018). Asemade, Os seus datos dan conta de fenómenos como o alabeo do disco galáctico.[12]

Os seus datos combínanse cos datos do Telescopio Espacial Hubble e o Very Long Baseline Array (VLBA), conxunto de radiotelescopios terrestres.

Gaia foi planificado para unha misión de cinco anos, a rematar a mediados de 2019, mais a ESA aprobou en 2018 unha extensión da misión ata finais de 2020.[9]

En xuño de 2023 publicouse un catálogo estelar con datos duns 2000 millóns de estrelas. Os seus aparellos podían detectar o grosor dun cabelo a 1000 km de distancia.[13] En outubro, tivo lugar a xuntanza plenaria da Unidade de Coordinación 8 na Coruña (na que participaron Minia Manteiga e Carlos Dafonte polo CITIC da UC) para preparar o novo catálogo de 2500 millóns de estrelas.[14]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 NASA (27 de febreiro de 2020). "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020. 
  2. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GAIA" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020. 
  4. "Letter dated 19 January 2014 from the Legal Services Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (14-01511 (E)). 7 de marzo de 2014: 4. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2020). "Gaia" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2020. 
  7. esa. "Gaia". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 
  8. "Gaia Data Release Scenario - Cosmos". www.cosmos.esa.int. Consultado o 2019-02-08. 
  9. 9,0 9,1 esa. "Gaia creates richest star map of our Galaxy – and beyond". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08. 
  10. esa. "Observing Gaia from Earth to improve its star maps". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-02. 
  11. esa. "Gaia clocks new speeds for Milky Way-Andromeda collision". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 
  12. "Gaia sugiere que la deformación de la Vía Láctea se debe a una colisión galáctica". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-04. 
  13. "ESA Extremes". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-09. 
  14. "Un equipo gallego prepara el mapa más completo del universo". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-10-10. Consultado o 2023-10-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]