French Bee
French Bee | ||
---|---|---|
IATA BF | OACI FBU | Indicativo FRENCH BLUE |
Fundación | 2016 | |
Aeroporto principal | aeroporto de París-Orly | |
Frota | 3 | |
Destinos | 5[1] | |
Holding | Groupe Dubreuil | |
Páxina web: https://www.frenchbee.com |
French Bee, anteriormente French Blue,[3] é unha aeroliña de baixo custo francesa baseada no aeroporto de París-Orly. Opera unha rede de rutas de longo alcance entre París e Punta Cana, San Francisco, Papeete e Reunión.[1] A súa sede atópase na comuna de Belleville-sur-Vie, no departamento de Vendée.
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroliña fundouse no ano 2016 como French Blue, creada polo Groupe Dubreuil. Groupe Dubreuil tamén é o propietario de Air Caraïbes.[2][3] O primeiro voo a Punta Cana foi o día 10 de setembro dese mesmo ano.[4] French Blue tamén opera algúns voos no nome de Air Caraïbes dende o 1 de xullo de 2016.[5]
En novembro de 2017 a compañía foi renomeada como French SAS. Para evitar problemas legais coa aeroliña estadounidense JetBlue o 30 de xaneiro de 2018 anunciouse que pasaría a chamarse French Bee.
Frota
[editar | editar a fonte]En abril de 2018 a frota de French Bee estaba formada polos seguintes avións:[6]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
P | Y} | Total | ||||
Airbus A330-300 | 1 | — | 28 | 350 | 378 | |
Airbus A350-900 | 2 | 35 | 376 | 411 | ||
Total | 3 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 French Bee (ed.). "Our destinations". Consultado o 29 de maio de 2018.
- ↑ Reuters (ed.). "Long-haul budget airline French Blue sets two-year deadline to break even". Consultado o 29 de maio de 2018.
- ↑ Tourmag (ed.). "French Blue, la nouvelle compagnie low-cost long courrier française". Consultado o 29 de maio de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "French Blue launches operations from Paris to Punta Cana". Consultado o 29 de maio de 2018.
- ↑ La Tribune (ed.). "French Blue lance le low-cost long courrier à 149 euros TTC ! (l'aller simple)". Consultado o 29 de maio de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "French bee Fleet Details and History". Consultado o 29 de maio de 2018.