Frase feita
Aparencia
As frases feitas son unidades formadas por un grupo de palabras que se empregan de xeito estábel na lingua. Adoitan ter unha forma fixada que non admite variacións. A frase feita adquire un significado propio, diferente ao da suma das palabras individuais que a forman e lonxe do seu sentido literal. Isto pódese observar nas expresións dar un brazo por algo, que ten o significado de 'sacrificarse', baixar a garda 'relaxarse' ou beber os ventos 'gustar moito'[1].
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Rápido: coma un lóstrego, coma un raio, a fume de carozo, a lume de biqueira, a máis non dar, ás carreiras.
- Falar moito ou falar de máis: darlle ao tarabelo, botar a lingua (a) pacer, falar polas orellas, falar por sete, darlle ao badal.
- Estar forte, san: estar coma un buxo, coma un carballo; ser forte coma un breu.
- Ser listo, espelido: listo coma un allo, ser coma un cuco, ter ourellas de raposo.
- Estar distraído: estar nas verzas, estar nas patacas, estar nos biosbardos, andar aos biosbardos.
- Non ter cartos: non ter un can, andar á miñoca, non ter un pataco.
- Buscar o proveito propio: varrer para a casa, levar a auga para o seu muíño.
- Rematar unha conversa, discusión: morra o conto, botar terra ao asunto.
- Ter o mando: cortar o bacallau, ter a vara e a besta.
- Calar, non replicar: agachar as orellas, baixar as orellas, marchar coas orellas gachas, marchar co rabo entre as pernas.
- Namorar a alguén, cortexar: facer as beiras, facer a roda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Álvarez de la Granja, María (2003). As locucións verbais galegas. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-246-7.