Saltar ao contido

Francisco Rico Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fran Rico»)
Modelo:BiografíaFrancisco Rico Castro
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Portonovo, España Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade18 de decembro de 2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2008   Pontevedra CF 63(3)
2008–2011   Real Madrid Castilla 50(10)
2011–2019   Granada CF 111(9)
2016–2018 cesión   Sociedad Deportiva Eibar 17(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–   Galicia 1(0)

Francisco Rico Castro, máis coñecido como Fran Rico, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de agosto de 1987, é un exfutbolista galego e actual adestrador asistente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Portonovo SD, e chegou ó Pontevedra CF con quince anos. Na categoría xuvenil logrou o ascenso á División de Honra, onde quedaron segundos ó ano seguinte, só por detrás do Sporting de Xixón. Neses anos foi convocado para xogar en diferentes categorías da selección galega de fútbol.

Ó ano seguinte, na campaña 2005-06, fixo a pretemporada co primeiro equipo e foi habitual nos adestramentos do primeiro equipo ó longo da liga. Comezou actuando co equipo de División de Honra de xuvenís e entrando nalgunha convocatoria co primeiro equipo. Debutou en liga na segunda B o 18 de decembro de 2005 contra o San Isidro, gañando 1-4 e xogando os últimos 15 minutos. A comezos do 2006 asina un contrato ata o 2010 e recibe ficha no primeiro equipo. Malia que só xoga tres partidos nesa tempada, e sempre de suplente, chega a marcarlle o gol da vitoria ó Melilla CF. Non xogou na fase de ascenso a segunda división.

Na súa segunda tempada, a 2006-07, non contou coa confianza do adestrador, Alberto Argibay. Xogou como titular na Copa Xunta de Galicia, logrando dous goles ante o CD Ourense e o Celta de Vigo. Tamén foi titular na Copa RFEF, que o club acabou gañando. Pero coa chegada do adestrador Javi Gracia a metade de liga comezou a disputar partidos completos, converténdose na referencia do xogo ofensivo. Ó igual que na tempada anterior, logrou anotar un tanto.

No verán de 2008 fichou polo Real Madrid Castilla. Logo de tres tempadas no club, onde chegou a ser o capitán, no verán de 2011 fichou polo Granada CF de primeira división.

Selección galega

[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1). [1]

  1. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016.