Saltar ao contido

Fornjót

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fornjót (do nórdico antigo Fornjótr) é un xigante da mitoloxía nórdica. É un lendario rei de Finlandia e pai de Kári (unha personificación do vento), de Logi (unha personificación do lume) e de Hlér Ægir (o gobernante do mar). O significado do nome é incerto, posiblemente veña de forn 'vello' e jótr 'Jutlander', xigante, en finés 'jätti', en nórdico 'jotunn'; ou tamén podería vir de for 'cedo' e njótr 'destrutor'. Seguindo as xenealoxías lendarias, Fornjót é o primeiro antepasado paternal directo coñecido de Guillerme I de Inglaterra, así como tamén é antepasado dalgunhas familias nobres europeas modernas.

Fornjót nos textos

[editar | editar a fonte]

Fornjót é mencionado dúas veces en antigos versos: na estrofa 29 de Ynglingatal, onde o "fillo de Fornjót" parece facer referencia ao lume e nunha cita en Skáldskaparmál de Snorri Sturluson.

É listado como un xigante nun dos thulur, sendo Ægir, o fillo de Fornjót identificado como un xigante en varias fontes.

Na saga Orkneyinga e en Hversu Noregr byggdist, ambos encontrados en Flateyjarbók, Fornjót aparece como un antigo gobernador de Finlandia e Kvenland e é pai de tres fillos chamados Ægir ou Hlér, Logi 'lume', e Kári. O Hversu relata ademais que Hlér gobernaba sobre os mares, Logi sobre o fogo, e Kári sobre o vento.