Formosa, Arxentina
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Formosa | |||
Departamento da Argentina (pt) | Formosa (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 222.226 (2010) (2.963,01 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 75 km² | |||
Altitude | 57 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Luis Jorge Fontana (en) | |||
Creación | 1879 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | P3600 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 370 | |||
Sitio web | formosa.gov.ar |
Formosa é a cidade capital da provincia homónima e capital tamén do Departamento Formosa. Encóntrase na marxe dereita do río Paraguai, a aproximadamente 850 km de Rosario, e a 1200 km da cidade de Buenos Aires. É o centro político, administrativo e cultural máis importante da provincia, como así tamén a cidade máis poboada da mesma. É sede da Universidade Nacional de Formosa, sub-sede da Universidade da Cunca do Prata, da Universidade Católica de Salta, de institutos terciarios de formación docente e profesional. Ten museos, teatros, centros culturais e recreativos, estadios deportivos, amplas avenidas arboradas e grandes prazas e parques.
Cos seus 234.354 habitantes (ano 2010), a cidade é unha das 20 cidades máis populosas da Arxentina. Segundo datos do INDEC, no 2010 a cidade tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2%.[1]
A cidade atópase nunha extensa chaira, a unha altura media de 57 msnm, nun canón sobre o río Paraguai. Nas proximidades atópanse lagoas, brañeiras e regatos. A lagoa máis importante é a lagoa Oca, antigo curso do río Paraguai declarada en 2001 Reserva da biosfera.
A cidade divídese en dous sectores ben diferenciados polo regacho Formosa. A marxe esquerda empezou a poboarse na década de 1980 e encóntrase en pleno desenvolvemento, tendo unha poboación estimada de case 95.000 habitantes; sendo a marge dereita onde se concentra a maior parte da poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Crese que o nome Formosa provén do latín «formosus» (fermoso) e que lle sería dado polos conquistadores españois ao navegar polo río Paraguai.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gobierno afirma que hay baja tasa de desempleo.". El Comercial. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Formosa, Arxentina |