Felip Mateu i Llopis
Felip Mateu i Llopis (tamén coñecido e citado pola forma castelá Felipe Mateu y Llopis), nado en Valencia o 15 de novembro de 1901 e finado en Barcelona o 13 de abril de 1998, foi un historiador e bibliotecario español, catedrático de Paleografía e Diplomática, e un dos numismáticos máis recoñecidos do século XX.[2][3][4][5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e círculos valencianistas
[editar | editar a fonte]Estudou Historia na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Valencia, onde se licenciou con sobresaliente e premio extraordinario en 1922. Entre 1924 e 1929 traballou no seu doutoramento na Universidade Central de Madrid, onde foi discípulo de Elías Tormo e de Manuel Gómez-Moreno. A súa tese, titulada Ensayo sobre una Casa Real de Moneda de uno de los Estados de la Corona de Aragón: la Ceca de Valencia y las acuñaciones valencianas de los siglos XIII al XVIII, obtivo en 1926 sobresaliente cum laude e orientou o seu labor como investigador cara á numismática.[2][3][4][5][6][7]
En Valencia frecuentou o Arquivo do Reino de Valencia e tomou contacto cos máis salientables historiadores valencianos da época. Relacionouse con ambientes valencianistas; foi o primeiro director da revista desta tendencia Acciò Valenciana e formou parte do grupo Acció Cultural Valenciana, xunto a Manuel Sanchis Guarner.[2][3][5][6]
En 1932 foi un dos asinantes das Normes de Castelló, unha normativa ortográfica elemental que segue basicamente a de Fabra, adaptadas ao valenciano. A estes primeiros anos pertencen algúns artigos escritos en catalán, entre eles o ensaio El País Valencià (1933).[2][3][5][6]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En 1930 ingresou como facultativo do corpo de Arquivos, bibliotecas e museos e, logo dunha temporada na sección numismática do Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, foi destinado a Tarragona como director do museo arqueolóxico e da biblioteca provincial desa cidade, o que reforzou os seus contactos cos ambientes intelectuais de Cataluña.[2][3][4][5][6]
En 1931 volveu ao Museo Arqueolóxico Nacional. Xa durante a Guerra Civil, ocupou diversos cargos entre Madrid e Valencia, entre eles o de arquiveiro bibliotecario da Biblioteca Popular de Vallecas.[8] O destino máis importante deste período foi o de conservador do gabinete numismático do MAN, en 1933, posto desde o que foi testemuña, en 1936, do expolio de moedas desa institución por parte do Goberno da República, feitos que detallou polo miúdo nun informe ao novo goberno franquista o 16 de maio de 1939.[2][4][5][6][9][10][11][12][13]
Ao finalizar a guerra, logo dun proceso de depuración, foi readmitido no Museo Arqueolóxico Nacional e, desde aí, pasou a ser nomeado director da Biblioteca Central de Barcelona, herdeira dos fondos do Instituto de Estudos Cataláns. Segundo a súa propia confesión persoal a Eufemià Fort i Cogul, recibira ordes de destruír boa parte dos fondos cataláns da biblioteca, que el se negaba a cumprir, malia verse na obriga, naquela conxuntura, a afiliarse á Falange Española.[5][6][14]
En 1943 gañou a cátedra de Paleografía e Diplomática na Universidade de Oviedo. Logo trasladouse á Universidade de Valencia e, finalmente, á Universidade de Barcelona, onde chegou a ser decano da facultade de Filosofía e Letras. Tamén foi académico da Real Academia de Boas Letras (1941) e correspondente da Real Academia da Historia (1941), así como membro do Centro de Cultura Valenciana (1945).[2][4][5][6]
En 1948 foi distinguido como membro correspondente da American Numismatic Society, de Nova York, e en 1953 constituíuse en membro fundador da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos. Ese mesmo ano foi nomeado inspector de bibliotecas da zona de Levante, para os distritos universitarios de Barcelona e Valencia. En 1963 foi elixido membro correspondente da Academia Uruguaia e Arxentina de Numismática.[2][4][5][6]
Ata a súa xubiliación en 1972, desenvolveu un importante labor na Biblioteca Central de Barcelona e na rede anexa de bibliotecas da Deputación de Barcelona. Dirixiu a Escola de Bibliotecarios e a revista Biblioteconomía, ademais de ser xefe de sección no Instituto Nicolás Antonio de Bibliografía, do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2][4][5][6]
En 1983 foi nomeado membro correspondente da Hispanic Socciety.[2]
Vinculación coa Asociación Numismática Española
[editar | editar a fonte]Mateu i Llopis foi un estreito colaborador da Asociación Numismática Española (ANE), que chegou a recoñecelo cun dos seus premios máis meritorios en 1960.[15]
Nos anos 80 participou moi decididamente nas Semanas Nacionais de Numismática organizadas pola ANE, en concreto na quinta edición, en 1982, co relatorio Bibliografía de las series monetarias antiguas de Hispania, na sexta edición, en 1983, e na sétima, en 1984, cunha disertación titulada Datos para la historia de los hallazgos monetarios.[16]
A ANE nomeouno presidente de honra en 1984 e ocupou o cargo ata 1988, cando o deixou en favor de Antonio Beltrán Martínez.[17]
En 1998, co gallo do seu pasamento, foi homenaxeado nun acto na sede da institución, no que se salientou a súa educación e a súa sensibilidade humanas, plasmadas nunha axuda continuada á ANE.[18]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1957): Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas, de Francia.[2]
- (1959): Comendador da Orde ao Mérito da República Italiana.[2]
- (1960): Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española, pola súa obra Bibliografía de la Historia Monetaria de España, publicada en 1958.[15]
- (1966 e 1972): Medalla Presidencial Carlos Ruiz de Larramendi i Catalán, outorgada pola ANE, polo seu destacado labor no campo numismático e estreita colaboración a prol da institución.[19]
- (1979): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, pola súa traxectoria como numismático.[20]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A obra científica de Filip Mateu i Llopis é moi extensa. O seu índice no relativo aos eidos da numismática, sixilografía, bibliografía e historia xeral foi publicado en 1984, nun volume de 169 páxinas, pola Universidade de Barcelona.[21]
Esta é unha escolma dalgunha das súas principais monografías:[22][23][24]
- (1929): Ensayo sobre una Casa Real de la Moneda de uno de los Estados de la Corona de Aragón : La Ceca de Valencia y las acuñaciones valencianas de los siglos XIII al XVIII. Vda. de Miguel Sanchís. Valencia.
- (1934): Catálogo de los ponderales monetarios del Museo Arqueológico Nacional. Góngora. Madrid.
- (1934): El ducado, unidad monetaria internacional de oro durante el siglo XV y su aparición en la Península Ibérica. Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos.
- (1934): Les relacions del Principat de Catalunya i els Regnes de València i Mallorca amb Anglaterra i el paral·lelisme monetari d’aquests països durant els segles xiii, xiv, i xv. Castelló de la Plana.
- (1936): Las monedas visigodas del Museo Arqueológico Nacional, Catálogo de las monedas previsigodas y visigodas del Gabinete Numismático del Museo Arqueológico Nacional. Góngora. Madrid.
- (1937): El florí d'or d'Aragó. Institut d'Estudis Valencians. Valencia.
- (1946): Glosario hispánico de numismática. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Madrid.
- (1946): La moneda española. Breve historia monetaria de España. Ed. Alberto Martín. Barcelona.
- (1955): Aportación a la Historia Monetaria del Reino de Valencia en el siglo xviii. Deputación Provincial de Valencia.
- (1957): El ius monetae en el condado de Ampurias. Ed. Biblioteca Palacio Peralada.
- (1958): Bibliografía de la historia monetaria de España con suplementos referentes a los países con ella más relacionados. Fábrica Nacional de Moneda y Timbre. Madrid.
- (1967): Las monedas de Alfonso el Magnánimo, rey de Aragón (1416-1458). Exposición sintética. Consejo Superior de Investigaciones Sintéticas.
- (1973). Aspectos económicos de la Germanía. Valencia. ISBN 84-600-5624-4
- (1976): Lérida y sus relaciones con Valencia (algunos aspectos). Instituto de Estudios Ilerdenses. Lleida. ISBN 84-00-03487-2
- (1977): La moneda del reino de Valencia. Anybar. Valencia. ISBN 84-7013-094-3
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Felipe Mateu y Llopis" Museo Arqueológico Nacional.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Felipe Mateu i Llopis. Real Academia de la Historia (2009-2013).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Felip Mateu i Llopis". En VV.AA. (2003).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Felip Mateu i Llopis". Gran enciclopèdia catalana.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 "Mateu Llopis, Felipe". En Peiró Martín, I; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxinas 396-397.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 Jorba, M. (1988). "Dr. Felip Mateu i Llopis. In memoriam". En Item: revista de biblioteconomia i documentació. Nº 22. Páxinas 103-105.
- ↑ Ficha da tese no Catálogo Cisne. Universidade Complutense de Madrid.
- ↑ Soria, I. "El primer bibliotecario, Felipe Mateu y Llopis, y su trayectoria". En El amanecer de las bibliotecas como bien público: el caso de Vallecas. Páxinas 11-12.
- ↑ Massot i Muntaner, J. (2003). Páxina 13.
- ↑ García Calero, J. "La noche más triste del expolio de las monedas del Museo Arqueológico en 1936". En ABC. 29 de marzo de 2014.
- ↑ Almagro Gorbea, Martín. "El expolio de las monedas de oro del Museo Arqueológico Nacional en la Segunda República española". En Boletín de la Real Academia de la Historia. Tomo 205. Caderno 1. Páxinas 7-72. ISSN 0034-0626
- ↑ Rodríguez Casanova, I. "The saddest night in the history of Spanish numismatics". En Coins Weekly. 7 de agosto de 2014.
- ↑ Alfaro, C. (1993). Catálogo de las monedas antiguas de oro del Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Cultura. Madrid.
- ↑ Massot i Muntaner, J. (2003). Páxina 14.
- ↑ 15,0 15,1 Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). Páxina 19.
- ↑ Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). Páxinas 77-78.
- ↑ Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). Páxina 29.
- ↑ Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). Páxina 72.
- ↑ Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). Páxinas 42-42.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". No sitio web da American Numismatic Society.
- ↑ Mateu Ibars. J.; Mateu Ibars, M. D. (1984).
- ↑ Publicacións de Mateu i Llopis. CCBAE.
- ↑ "Felipe Mateu y Llopis". Dialnet.
- ↑ "Felipe Mateu y Llopis". Worldcat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Massot i Muntaner, J. (2003). Escriptors i erudits contemporanis: tercera sèrie. Publ. Abadía de Montserrat. ISBN 9788484154556
- Mateu Ibars. J.; Mateu Ibars, M. D. (1984). Titula de Felipe Mateu y Llopis: Su obra científica al conmemorar el LXXXIII aniversario. Edicions Universitat Barcelona. Barcelona. ISBN 9788475281605
- Peiró Martín, I; Pasamar Alzuria, G. (2002). Diccionario Akal de historiadores españoles contemporáneos. Akal. Madrid. ISBN 84-460-1489-0
- Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). ANE 50 aniversario 1955-2005. Asociación Numismática Española. DL B-9713-2005.
- Real Academia da Historia (2009-2013). Diccionario biográfico español. ISBN 978-84-96849-56-3
- VV.AA. (2003). Diccionari d'historiografia catalana Arquivado 01 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. Barcelona. ISBN 9788441209077
- Nados en 1901
- Nados en Valencia
- Finados en 1998
- Numismáticos de España
- Galardoados coa medalla Huntington
- Historiadores de España
- Arquiveiros
- Bibliotecarios
- Directores de museos
- Alumnos da Universidade de Valencia
- Alumnos da Universidade Central de Madrid
- Profesores da Universidade de Oviedo
- Profesores da Universidade de Valencia
- Profesores da Universidade de Barcelona
- Científicos do CSIC
- Museo Arqueolóxico Nacional de España