Fórmula floral
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
En botánica, a fórmula floral é unha maneira de representar simbolicamente e estrutura dunha flor mediante o uso de letras, números e outros signos. Tipicamente, utilízase a fórmula floral para representar as características morfolóxicas das flores dunha determinada familia de plantas, máis que as dunha especie en particular.
Símbolos
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os símbolos máis utilizados:
K ou Ca= cáliz; por exemplo, Ca5 = indica que a flor ten 5 sépalos.
C ou Co= corola; por exemplo, Co3(x) = significa que os pétalos se presentan nun número que é múltiplo de 3.
- Z = engádese se a corola é cigomorfa; por exemplo, KZ6 = indica unha corola cigomorfa con 6 pétalos
A = androceo; por exemplo, A∞ = significa que presenta moitos estames
G = xineceo; así, G(3)1∞ = indica un xineceo de ovario súpero (por iso o "G" está suliñado), composto per 3 carpelos unidos entre si (por iso o número tres se pon entre parénteses), cun só lóculo e numerosos óvulos por lóculo. A cantidade de lóculos do ovario indícase como subíndice do número de carpelos, o número de óvulos por lóculo indícase como un expoñente.
Exemplo
[editar | editar a fonte]Exemplo da fórmula floral da especie Diplotaxis muralis:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1993): Diccionario de Botánica. (2 volumes) Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3
- Strasburger, E. (1994): Tratado de Botánica. 8ª ed. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0079-0
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Flor.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Universidad Nacional del Noreste. Facultad de Ciencias Agrarias. Corrientes. Argentina. Morfología de plantas vasculares. Tema 4: Flor, fórmula y diagrama floral. (en castelán) Consultada o 5 de agosto de 2011.