Extrechinato y Tú
Extrechinato y tú foi un proxecto musical de rock español. Estaba formado por Robe Iniesta, cantante e guitarrista de Extremoduro, Iñaki "Uoho" Antón, guitarrista de Extremoduro e Platero y Tú, e Fito Cabrales, cantante e guitarrista de Platero y Tú e Fito & Fitipaldis. O proxecto foi ideado para musicar as letras do poeta Manolo Chinato, a xeito de homenaxe, no disco Poesía básica. O nome do proxecto está formado por partes dos nomes do poeta e dos grupos, Extremoduro, Manolo Chinato, Platero y Tú.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto
[editar | editar a fonte]A relación entre Chinato e Robe xurdiu en 1989, cando Extremoduro aínda era un grupo inédito que só se coñecía por unha maqueta (a cal sería posteriormente o seu primeiro disco, Rock transgresivo). A tardiña antes dun concerto na vila cacereña de Zarza de Granadilla, Chinato acudiu a unha reunión de artistas da música da terra. Chinato menciona:
"Como todos cantaban e eu non tiña nin idea de cantar, recitei unha poesía".
Recitou o seu poema «Ama, ama y ama y ensancha el alma». Este converteuse na base do que sería a canción de Extremoduro, en que o propio Chinato recita o verso final. A Robe gustoulle tanto que decidiu levar a Chinato de xira, quen recitaba o poema nos concertos.
Este sería o inicio dunha longa amizade e unha frutífera colaboración, pois o grupo incluíu nas cancións moitos dos poemas do escritor bejarano.
En 1996 xurdiu a idea de facer un disco enteiro cos seus poemas, durante a xira conxunta de Extremoduro e Platero y Tú. Porén, o proxecto tivo que aprazarse porque ambos grupos estiveron a se ocupar da edición de álbums e realización de xiras. En xuño de 1999, Fito, Uoho, Robe e Chinato entraron no estudo Lorentzo Records con varios amigos para gravaren Poesía básica. O álbum publicouse o 27 de abril de 2001 e alcanzou o disco de ouro.[1][2]
Anos posteriores
[editar | editar a fonte]En 2006 Uoho crea o grupo Inconscientes, xunto con Miguel Colino e José Ignacio Cantera, baixista e batería de Extremoduro; e Jon Calvo, guitarrista e cantante de Memoria de Pez. Durante a xira interpretaron os temas de Extrechinato y Tú Viento, Eterno Viajero e Déjame ir contigo. O propio Chinato acompañou ao grupo na xira de presentación. Saíu ao escenario a interpretar xunto ao grupo temas de Poesía básica nalgúns concertos, sobre todo en festivais (como no Extremúsika 2007), festas patronais ou concertos con outros artistas. Noutros, polo xeral os realizados en salas, o poeta daba un recital previo ao concerto.
Gravouse o videoclip de A la sombra de mi sombra para a ocasión e editouse en VHS.
Lista das cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "A la sombra de mi sombra" | 5:12 |
2. | "Juguete de amor" | 4:30 |
3. | "Viento (déjame ir contigo)" | 3:31 |
4. | "Abrazado a la tristeza" | 5:39 |
5. | "Eterno viajero" | 4:38 |
6. | "Tres puertas" | 4:03 |
7. | "Si el cielo está gris" | 3:04 |
8. | "Sueños" | 4:05 |
9. | "Rojitas las Orejas" | 3:52 |
10. | "Manolillo Chinato" | 1:50 |
Membros de Extrechinato y Tú
[editar | editar a fonte]- Manolo Chinato - Letras e recitados
- Roberto Iniesta, "Robe" (Extremoduro) - Guitarra, voz e recitados
- Adolfo "Fito" Cabrales (Platero y Tú, Fito & Fitipaldis) - Guitarra, voz e letras
- Iñaki "Uoho" Antón (Platero y Tú, Extremoduro, Inconscientes) - Guitarra, baixo e teclados
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- José Ignacio Cantera (Extremoduro, Inconscientes) - Batería
- Jesús García "Maguila" (Platero y Tú, La Gripe) - Batería
- Ricardo Cantera - Batería
- Javier Alzola (Fito & Fitipaldis) - Saxofón
- Gino Pavone (Fito & Fitipaldis) - percusións
- José Alberto Bátiz (Fito & Fitipaldis) - Guitarra slide
As cancións
[editar | editar a fonte]A la sombra de mi sombra
[editar | editar a fonte]O disco ábrese co baixo, que inicia A la sombra de mi sombra. Fito y Robe cantan alternativamente as estrofas escritas por Chinato. Relatan unha metáfora sobre o rexeitamento que causa o inxusto. Trata tamén a necesidade de liberdade, un tema recorrente no disco e na poesía de Chinato. Cántase como Manolillo Chinato ve tanta inxustiza ("No quiero ver injusticias, no quiero ver miseria, no quiero ver militares ni princesas, no quiero ver dictaduras, no quiero ver pobreza, no quiero ver religiones, ricas, ni reinas"
) que decide facerse "un sombrero de largas pajas que he recogido del suelo"
, e quedar "a la sombra de mi sombra [...], para muchas veces no ver las cosas que ver no quiero"
.
O que Manolillo quere é "ver a los pobres sin miseria, a los ricos sin dinero desnudos en esta tierra, a infinitos corazones unidos por el amor y unidos contra la guerra"
. Na parte instrumental intermedia, Chinato recita os seus propios versos, os mesmos que cantaran Fito e Robe. Acaba cunha reivindicación en que di que "voy a dejar de hacerlo, y voy a luchar con dos huevos"
.
- Chinato: Poema
- Robe: Voz
- Fito: Voz e guitarras acústica e eléctrica
- Uoho: Guitarras, baixo e órgano
- Jesús García "Maguila" (Platero y Tú): Batería
- Javier Mora: Piano
- Javier Alzola (Fito & Fitipaldis): Saxo
- Gino Pavone (Fito & Fitipaldis): Percusións
Juguete de amor
[editar | editar a fonte]Esta canción trata o outro gran tema na obra de Chinato: o amor. Comeza cuns arpexios de guitarra, sobre os que Manolillo recita. Quéixase de como foi utilizado e o seu amor "era un juguete pasado de moda que ya nada valía"
. O tema central é o laio do amante desenganado, e como se abre á esperanza querendo volver ser "un juguete reluciente de amor y de alegría"
. Robe y Fito comezan un coro que se repite varias veces mentres Chinato continúa recitando ("¿Qué importa que me engañes, si luego me sonríes? ¿Qué importa ser poeta, o ser basura? Anoche pasé frío en el cuerpo y en el alma, anoche pasé frío y quedó mi libertad de amor helada"
).
- Chinato: Poema.
- Robe: Voz e guitarras.
- Fito: Voz.
- Uoho: Guitarras, baixo, piano e teclados.
- Jesús García "Maguila" (Platero y Tú): Batería.
- Gino Pavone (Fito & Fitipaldis): Percusións.
Viento (déjame ir contigo)
[editar | editar a fonte]Viento (déjame ir contigo) é o terceiro tema do disco. A influencia de Extremoduro vén dada polas guitarras distorsionadas, os riffs rápidos ou os cambios de ritmo. É un canto á liberdade personificada no vento, ao que Chinato pide "déjame ir contigo, rebelde y risueño"
e tamén que o acompañe, detrás del, "pa' meterlos miedo"
. Fito e Robe unicamente acompañan con coros, pois este poema é algo máis longo cós demais. Expresa un paralelismo entre os desexos e os ideais do poeta e as habilidades que lle atribúe ao vento de ir "rebelde y risueño, [...], libre"
, de ser capaz de coidar da xente, e "acariciar sus sueños, y darles el agua que estaban pidiendo"
. No tema escóitanse sucesivos sós de guitarra na segunda metade.
- Chinato: Poema.
- Robe: Guitarra e voz.
- Fito: Voz.
- Uoho: Guitarras e baixo.
- Jesús García "Maguila" (Platero y Tú): Batería.
- Patxi Urchegi: Trompeta.
- Norman Hogue: Trombón.
Abrazado a la tristeza
[editar | editar a fonte]É unha das cancións que máis transcenderon do álbum. Os versos do poeta fúndense coa letra e a guitarra de Fito e a voz de Robe, xunto cun quinteto de corda e os demais músicos. Fito recuperou o tema para gravalo nunha versión máis próxima ao seu estilo, sinxelo e acompañado só por Carlos Raya. Con el pecha o seu cuarto disco cos Fitipaldis, Por la boca vive el pez.
- Chinato: Poema.
- Robe: Voz.
- Fito: Voz e guitarra acústica.
- Uoho: Guitarras, baixo, órgano e teclados.
- Gino Pavone (Fito & Fitipaldis): Percusións.
- Jacek Cygan: 1º violín.
- Víctor Ámbroa: 2º violín.
- Dionisio Rodríguez: Viola.
- Ángel Luis Quintana: Violoncello.
- Antonio G. Araque: Contrabaixo.
Eterno viajero
[editar | editar a fonte]- Chinato: Poema.
- Robe: Voz
- Fito: Guitarra.
- Uoho: Guitarras, baixo e órgano.
- J.I. Cantera (Extremoduro): Batería.
- Batiz (Fito & Fitipaldis): Guitarra slide.
Tres puertas
[editar | editar a fonte]Un dos máis queridos poemas de Chinato é recitado por Robe sobre unha épica instrumentación. Esta reflicte o ambiente bucólico da poesía, co mesmo quinteto de corda de Abrazado a la tristeza. Varios amigos máis, quen gravan instrumentos de vento, fan que pareza que toda unha orquestra acompaña os versos. O percorrido parece reflectir os cambios das estacións.
- Robe: Poema e guitarras.
- Fito: Guitarra.
- Uoho: Guitarras e baixo.
- Ricardo Cantera: Batería.
- Jacek Cygan: 1º violín.
- Víctor Ámbroa: 2º violín.
- Dionisio Rodríguez: Viola.
- Ángel Luis Quintana: Violoncello.
- Antonio G. Araque: Contrabaixo.
- Ander Ercilla: Oboes.
- Javier Alzola (Fito & Fitipaldis): Clarinete, frauta e pícolo.
- Norman Hogue: Trombóns.
Si el cielo está gris
[editar | editar a fonte]Tema que Fito escribiu especialmente para o disco, en homenaxe a Chinato. É o único no que o poeta non participa nin se inclúen os seus versos.
- Robe: Voz, guitarra e pandereita.
- Fito: Voz e guitarras.
- Uoho: Guitarras, baixo, piano e órgano.
- J.I. Cantera (Extremoduro): Batería.
- Javier Alzola (Fito & Fitipaldis): Saxo.
- Patxi Urchegi: Trompeta.
- Norman Hogue: Trombón.
Sueños
[editar | editar a fonte]- Chinato: Poema.
- Robe: Voz e guitarras.
- Fito: Voz e guitarras.
- Uoho: Guitarras, baixo, piano e órgano.
- J.I. Cantera (Extremoduro): Batería.
- Patxi Urchegi: Trompeta.
- Norman Hogue: Trombón.
Rojitas las orejas
[editar | editar a fonte]É probabelmente a canción máis coñecida do disco porque xa fora editada por Fito ao seu estilo no seu primeiro disco cos Fitipaldis, A puerta cerrada. Nesta versión, Chinato engadiulle o poema que recita na parte final.
- Chinato: Poema.
- Robe: Voz.
- Fito: Guitarras e coros.
- Uoho: Guitarras, baixo, piano e órgano.
- Jesús García "Maguila" (Platero y Tú): Batería.
Manolillo Chinato
[editar | editar a fonte]O último corte é unicamente o propio Chinato recitando toda a lírica do disco de xeito simultáneo. Créase unha lea de murmurios en que se distinguen os versos de xeito intermitente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Poesía Básica en iTunes" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ Salaverri, Fernando (2005). "Sólo éxitos: año a año : 1959-2002." (PDF). Iberautor Promociones Culturales ISBN 84-8048-639-2. p. 959. Consultado o 31 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Menéndez Flores, Javier (23 de maio de 2013). Extremoduro. De profundis. La historia autorizada. ISBN 9788425350337.