Euritmia
Coñécese como euritmia (do grego εὐρυθμία, despois en latín eurythmia)[1] ao feito de moverse de modo harmonioso e buscando a beleza. Este movemento serve para expresar os estados de ánimo e por iso transfórmase nun medio de comunicación.
No campo da Arquitectura, existe un concepto antropomórfico da mesma, isto é, que a construción é o reflexo das proporcións do corpo humano. Este concepto xa o postulou Vitruvio; o gran teórico do clásico, xa sexa grego ou romano. Os seis primores ou principios que Vitruvio esixe en todo monumento son: orde, disposición, euritmia, simetría, decoro e distribución.
O filósofo austríaco Rudolf Steiner, retomou o concepto de euritmia e definiuna como unha arte dentro do que denominou antroposofía. Para Steiner, a euritmia é a arte do movemento que fai visible no espazo e a través do movemento corporal aquilo que no interior do ser humano transcorre por medio da palabra e da música.
Para exercitarse nesta arte, existen exercicios de tipo coreográfico que poden servir para expresar os tres aspectos da alma: pensamento, sentimento e vontade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lajo 1990, p. 76
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0924-5.