Estreito de Kerch
(uk) Керченська протока | |||||
Tipo | estreito | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Kerch | ||||
Parte de | Mar Negro | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Rusia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Negro e Mar de Azov | ||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Profundidade | 18 m | ||||
Dimensións | 15 () km | ||||
O Estreito de Kerch (Керченский пролив) conecta o Mar Negro e o Mar de Azov, separando a Crimea, no oeste, da península de Taman, no leste. O estreito ten 4,5 a 15 km de lonxitude e até 18 m de profundidade. O porto máis importante é a cidade de Kerch.
O transporte por transbordador a través do estreito foi inaugurado en 1952, ligando a Crimea e o Krasnodar Krai (liña Port Kryn - Port Kavkaz). No inicio, había 4 navíos tren-transbordador; máis tarde, 3 navíos coche-transbordador foron adicionados. O transporte ferroviario continuou por case 40 anos. Os transbordadores de tren tornáranse vellos a finais dos anos 1980 e foron retirados de operación. No outono de 2004 novos navíos foron postos á disposición, e o transporte ferroviario foi reestabelecido.
Formuláronse varias propostas para a construción dunha ponte sobre o Estreito de Kerry para substituír o transbordador, mais a difícil configuración xeolóxica da área torna os proxectos de ponte caros de máis.
Diversas industrias de procesamento de peixe localízanse na costa crimea do estreito. A estación de pesca comeza á fin do outono e dura de 2 a 3 meses, cando diversos barcos se botan ás augas do estreito para pescar.
Antigamente, o Estreito de Kerch era coñecido baixo o nome de Bósforo Cimeriano; tamén é coñecido polo seu nome tártaro, Yenikale.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Kerch |