Estevan da Guarda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1280 Guarda, Portugal, presumiblemente |
Morte | 1362 ↔ abril de 1364 (79/89 anos) |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Estevan da Guarda, nado cara ao 1280 e finado en 1364, foi un nobre e trobador de portugués.
Foi secretario de don Dinís, de quen recibiu doazóns e bens. Trala morte deste e a chegada ao trono de Afonso IV, pasou a ser protexido do conde de Barcelos. Tras deixar a corte tivo unha maior produción poética, especialmente de carácter satírico, contra os privados rexios, nobres e xuristas, que foran ascendidos no proceso de centralización e burocratización do novo monarca.
Consérvanse del 35 pezas, presentes nos cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa e da Biblioteca Vaticana: 6 cantigas de amor, unha cantiga de amigo, 26 cantigas de escarnio, un ensenhamen e unha tenzón con Josep.
Despois da súa morte, os seus bens foron requiridos polo conde Lourenço Martins de Avelar, (finado cara a 1403), escudeiro, coseñor da honra e Quintã de Macieira.