Saltar ao contido

Estanislao Cantero Izquierdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEstanislao Cantero Izquierdo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzapateiro, maquis Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de

Los de la sierra: 1291

Estanislao Cantero Izquierdo, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Arxentina, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zapateiro e militante do PCE. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Valencia. Alistouse como voluntario e loitou no bando republicano na fronte asturiana ata a súa caída en 1937. Detido ao rematar a guerra, estivo preso no campo de concentración de Miranda de Ebro. Despois foi enviado a un batallón de traballadores. Cando o puxeron en liberdade foi a Vigo como secretario xeral da Unión Nacional Española local. Foi detido en 1945.

Logrou fuxir e integrouse no destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que loitaba na comarca de Vigo baixo as ordes de Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes. Foi procesado con Víctor García García, Teófilo Fernández Canal e Francisco Rey Drox na causa 75/1946 da Coruña.[1] O 28 de setembro de 1946 participou nun atraco en Gaxate.

Despois da morte de Manuel Simón e Avelino Otero en maio de 1947 desfíxose o grupo. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Claudio Rodríguez Vázquez, Basilio Calvar Solla e Eugenio Rueda Perosanz.[2] Logrou fuxir á Arxentina onde fundou unha familia e morreu a unha avanzada idade.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con María Bello Torres en novembro de 1943.[3]

  1. La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 18-11-1943, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 462–463. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 45. ISBN 84-8485-231-8.