Estadio Ciudad de Tudela
Estadio Ciudad de Tudela | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°03′27″N 1°36′43″O / 42.0574, -1.612 |
Localización | Tudela, Navarra, España |
Construción | |
Inauguración | 17 de agosto de 1969 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 11.000 espectadores[1] |
Propietario | Concello de Tudela |
Localía | Club Deportivo Tudelano |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Ciudad de Tudela, coñecido como Estadio Municipal José Antonio Elola ata 2012, é un estadio de fútbol da cidade de Tudela, en Navarra. Foi inaugurado en 1969 e serve de localía ao Club Deportivo Tudelano.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado o 17 de agosto de 1969.[1] Ese día, ás cinco e media da tarde polo novo estadio desfilaron todas as seccións deportivas da cidade, fíxose a bendición do estadio e falaron as diferentes autoridades presentes. Asistiron o alcalde do concello, Rafael Añón e José Antonio Elola, ex-delegado nacional de Educación Física e Deportes que deu nome ao estadio. O partido de inauguración entre o Tudelano e Osasuna acabou con empate a un.
En febreiro de 2012 o Estadio José Antonio Elola pasou a chamarse Ciudad de Tudela, por decisión do Pleno do Concello de Tudela pola aplicación da lei de Memoria Histórica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 CD Tudelano (ed.). "CD Tudelano, Instalaciones" (en castelán).[Ligazón morta]
- ↑ Fermín Astráin. "El José Antonio Elola pasará a llamarse Ciudad de Tudela". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 2020-03-19.