Estación de Rubián
Aparencia
Rubián | |
---|---|
Situación | Bóveda |
Rubián é un apeadoiro de Adif, situado na vila de Rubián, no concello de Bóveda, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 375,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Bóveda e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 31 de agosto de 1883 coa posta en marcha do tramo Toural dos Vaos-Oural da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[2]
Dende 2002 non ten servizos de pasaxeiros.[3]
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio para viaxeiros é de base rectangular e tres alturas. A estación dispón de tres vías e unha única plataforma lateral, xunto ao edificio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- ↑ Os trens rexionais de Renfe non paran en cinco estacións aínda que haxa pasaxeiros