Saltar ao contido

Estación de Miranda de Ebro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miranda de Ebro
Vías da Estación de Miranda de Ebro
SituaciónMiranda de Ebro
Servizosaparcamiento Cafetería Venda de billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Estrella, Trenhotel
Media distanciaMD
Intercity
Rexional Exprés
Intermodalidade
OutrosTaxis

A estación de Miranda de Ebro é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos. É un importante nó ferroviario onde conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. As súas instalacións complétanse cunha estación de clasificación chamada Miranda de Ebro-Mercadorías.[1]

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase a 462,73 metros de altitude no cruzamento ferroviario que forman as seguintes liñas de ancho ibérico:

Cartel de entrada aos talleres de Renfe Integria en Miranda de Ebro.

En 1855 o goberno central propúxose sacar a poxa algúns tramos do ferrocarril de Madrid a Irún. En 1856, a Sociedade de Crédito Mobiliario Español (que máis tarde foi a Compañía dos Camiños de Ferro do Norte) sacou adiante o tramo entre Burgos e a fronteira con Francia que discorrería por Miranda de Ebro, Vitoria, Altsasu e Donostia. A liña comezou a construírse en marzo de 1857 en Valladolid, e a sección correspondente a Miranda quedou en mans do enxeñeiro francés Letourneur. A pesar das dificultades que se atoparon en Pancorbo ou no Porto da Brújula, onde se seguiu traballando ata 1862, a liña estivo construída ao seu paso por Miranda en 1859.

O 13 de abril de 1862 inaugurouse o tramo entre Miranda de Ebro e Olazti, e o 26 de xullo dese mesmo ano abriuse o tramo Quintanapalla-Miranda de Ebro.[3] A liña completa entre Madrid e Irún foi inaugurada o 15 de agosto de 1864.

Paralelamente a Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao comezou a construción da súa liña, promovida, entre outras cousas, porque a vila de Bilbao quedou moi desprazada da liña Madrid-Irún. En decembro de 1857 iniciáronse as obras a cargo do enxeñeiro inglés Charles Vignoles, ata 1863, cando acabararon as obras. Esta compañía só durou ata 1878, cando a Compañía dos Camiños de Ferro do Norte absorbeuna.

Ambas as liñas tiveron como punto de ligazón a cidade de Miranda de Ebro, polo que desde o principio pensouse en construír unha estación singular e diferente do resto. Un primeiro proxecto, realizado por Manuel Estibaus en 1861, propuxo a construción de dous edificios comunicados entre si por un paso elevado para dar servizo por separado a cada compañía. Pero esta idea non levou a cabo porque ambas as compañías decidiron levantar unha estación compartida. O proxecto definitivo foi redactado o 23 de abril de 1862 por Charles Vignoles, xusto seis días antes de que Letourneur presentase o proxecto da estación de Vitoria.

Xerencia operativa de Adif en Miranda de Ebro

A estación de Miranda de Ebro foi unha das pioneiras en España, e a súa parte máis destacable, o edificio de viaxeiros de primeira clase, é un dos poucos exemplos de estilo vitoriano do país. Trátase dun edificio de planta rectangular e dividido lonxitudinalmente en dúas partes iguais e simétricas. A excepción do vestíbulo común, cada compañía tivo as súas propias instalacións e as vías de cada lado do edificio correspondía a unha ou outra compañía.

As marquesiñas son sen dúbida a parte singular da estación. Trátase de dúas cubertas duns noventa metros de lonxitude realizadas cun armazón de ferro, todo iso fundido nos talleres londinienses Frederick Braby. O eixe longitudital do edificio só se altera por un transversal que nos indica o lugar do vestíbulo. Alí é onde se concentra o maior número de filigranas caladas no ferro, ménsulas, arcos etc.

As instalacións ferroviarias deron traballo a máis de tres centenares de persoas a finais do século XIX, xusto a mesma poboación coa que contaba a entón vila de Miranda 150 anos antes. O trazado ferroviario marcou a estrutura urbanística que Federico Keller impuxo corenta anos máis tarde no seu Plan de Ordenación da Vila de Miranda de Ebro de 1903. O complexo ferroviario de Miranda era un dos máis sofisticados e completo do país naquela época.[4]

Na segunda metade do século XX o edificio principal recreceuse nunha planta e reformouse o seu interior. O 31 de xaneiro de 1987 inaugurouse o by-pass que transcorre baixo o cerro de La Picota, feito que supuxo a eliminación do trazado ferroviario polo centro da cidade. En 2007 inaugurouse o posto de mando do Adif, cuxa función é controlar o tráfico ferroviario do norte do país.[5] Ademais do transporte de viaxeiros, a estación de Miranda posúe unha importante praia de vías para o tráfico de mercadorías, así como diversos talleres pertencentes a Renfe Integria e Adif. O futuro ferroviario local está á espera da chegada da alta velocidade, xa que en Miranda confluirán as liñas de alta velocidade procedentes de Valladolid e Logroño co Y vasco. Mentres, desde decembro de 2007 a cidade está conectada coas principais capitais de provincia mediante o servizo de alta velocidade Alvia.

Tamén o futuro enclavamiento loxístico no Polígono Industrial de Ircio, actualmente en construción, terá un novo peirao de vías para facilitar o transporte entre ferrocarril e estrada que potenciará a creación de postos de traballo.[6] Con todo, algúns sindicatos ferroviarios móstranse preocupados pola perda de servizos de mercadorías e peso específico da estación de Miranda.

En 2009 confirmouse o novo "nó ferroviario" de alta velocidade de Miranda de Ebro que enlazará o corredor Cantábrico-Mediterráneo coa liña entre Madrid e Francia. Será, por tanto, un punto prioritario e imprescindible nas comunicacións por tren do norte do país.[7]

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Laudio Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Vitoria 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coimbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido
Estrella Picasso Málaga-María Zambrano Bobadilla · Puente Genil · Córdoba-Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Bilbao-Abando Ocasional

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 24 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Bilbao-Abando Miranda de Ebro
  Intercity Irún Madrid-Chamartín
  MD
RE
Vitoria Madrid-Chamartín
  RE Burgos-Rosa de Lima Zaragoza-Miraflores
22 MD Valladolid-Campo Grande Zaragoza-Delicias
25 MD Irún Miranda de Ebro

Galería fotográfica

[editar | editar a fonte]

Galería de fotografías de locomotoras de vapor, diésel e eléctricas en Miranda de Ebro.

  1. Adif. "Ficha técnica". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 6 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Euroferroviarios (ed.). "Miranda de Ebro (Est.)". Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  3. Spanishrailway (ed.). "Caminos de Hierro del Norte de España". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  4. Historia de Miranda de Ebro. Miranda de Ebro: Ayuntamiento de Miranda de Ebro/Nuclenor. 1999. 
  5. "Miranda asume xa, desde o seu novo posto de mando, o control ferroviario do norte do país". El Correo. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  6. Arroyo, Salvador (2008). "Campo defende que Miranda potenciará o seu futuro ferroviario co AVE e a rede de Ircio". El Correo. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  7. "Silván resalta que Miranda será punto referente en la conexión de alta velocidad". ABC (en castelán) (ABC). 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2016. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]