Saltar ao contido

Espérance-François Bulayumi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEspérance-François Bulayumi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Kinshasa, República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónautor, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata

Espérance-François Ngayibata Bulayumi , nado en Kinshasa o 12 de novembro de 1959, é un escritor austríaco-congolés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na súa cidade natal e realizou historia da arte no Instituto Nacional das Artes e logo foi a Austria para estudar filosofía na Universidade de Viena (1983-1988), doutorándose en filosofía. Formouse tamén en teoloxía no Centro Metodista de Formación Teolóxica de Lausana. Deu clases na Universidade de Viene e no Instituto Pedagóxico Superior de Viena. Autor de varios libros en lingua, alemán e francés. A súa obra máis emblemática é Mosuni, unha novela monumental e épica sobre a identidade congolesa e o seu encontro cos europeos, novela complexa inclúe poesía, contos populares, notas de arquivos, cartas, cancións de igrexa, oracións ou conceptos teoréticos para alén da propia prosa narrativa[1].

  • Das Beichten eines Afro-Wieners 2012 (en alemán)
  • Ebembe ya Thomson, 2011, Kiamvu (en lingala)
  • Dealer wider Willen? Wege afrikanischer Migrantinnen und Migranten nach / in Österreich 2009 (en alemán)
  • Mosuni, 2006, Adinkra (en lingala)
  • LISAPO: Ein Tor zu afrikanischen Märchen 2002 (en alemán)
  • Sterbebegleitung als Lebensbegleitung: Eine imperative ethische Notwendigkeit 2001 (en alemán)
  • Congo 2000 : Fin du temps ou nouvelle naissance?, 2000, Plöchl (en francés)
  • Esakoli.Großvater erzählt: Geschichten und Fabeln aus dem Kongo 1999 (en alemán)
  1. Simon Gikandi (2016) The Novel in Africa and the Caribbean since 1950 Oxford University Press,p. 84