Saltar ao contido

Lucio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Esox lucius»)

O lucio,[2] Esox lucius, é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos esociformes e familia dos esócidos, unha das sete incluídas no xénero Esox.

Características

[editar | editar a fonte]

Pode chegar a alcanzar un enorme tamaño, de até 1,8 m de lonxitude. A súa gran boca es similar á dun pato; a aleta caudal é tipicamente bifurcada; non presentan espiñas nas aletas; as escamas son cicloides, pequenas e numerosas; a liña lateral é completa. Ten poros cefálicos que lle permiten asegurar o que hai ao seu redor.[3]

Hábitat, distribución e bioloxía

[editar | editar a fonte]

Esox lucius é un habitante típico das augas doces e salobres do Hemisferio Norte, concretamente nas zonas máis frías de Europa, Asia e América do Norte.[3] (Ver mapa de distribución).

É un depredador moi voraz que caza ao axexo, alimentándose dunha gran diversidade de peixes e outros vertebrados, situándose no cumio da pirámide trófica nos ríos nos que vive.[3]

Paleontoloxía

[editar | editar a fonte]

Aparece por primeira vez no rexistro fósil no Cretáceo superior.[3]

  1. NatureServe (2018): Esox lucius na Lista vermnella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 29 de maio de 2022.
  2. lucio no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Crossman, E. J. (1996): "Taxonomy and distribution". pp. 1-11. En J. F. Craig, ed. Pike biology and exploration. Londres: Chapman and Hall

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]