Escudo de Kiribati
Aparencia
O escudo de Kiribati ten o mesmo deseño que a bandeira. A metade superior é rubia cunha fregata dourada voando sobre un sol nacente da mesmo cor. A metade inferior é azul con tres franxas ondeadas horizontais brancas que representan o océano Pacífico e os 3 grupos de illas que compoñen o país (as illas de Gilbert, de Phoenix e da Liña). Os 17 raios do sol representan as 16 illas Gilbert e a de Banaba. Na parte inferior hai unha fita dourada co lema nacional “Te Mauri, Te Raoi ao Te Tabomoa” (Saúde, Paz e Prosperidade).
O Escudo de Armas foi proposto o 1 de maio de 1937 para o daquelas protectorado británico das illas de Gilbert e Ellice e converteuse na divisa oficial de Kiribati en 1979 co novo lema.