Escorpeniformes
Os Escorpeniformes (Scorpaeniformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). O nome da orde vén do grego skorpaina, diminutivo de escorpión, polas prolongacións espiñosas que presentan.
Características
[editar | editar a fonte]A característica distintiva é a estancia suborbital: unha extensión posterior do terceiro óso infraorbital (detrás da conca do ollo) ata o preopérculo, ó que está fusionada na maioría das especies.
Tanto a cabeza como o corpo adoitan ser espiñosos ou estar recubertos de placas óseas.
As aletas pectorais son tipicamente redondeadas, e por veces de gran tamaño, con membranas entre os radios inferiores. A aleta caudal adoita ser redondeada, ocasionalmente truncada e rara vez bifurcada.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os Escorpeniformes foron incluídos anteriormente entre os Perciformes.
Divídense en sete subordes:
- Suborde Anoplopomatoidei
- Suborde Cottoidei
- Suborde Dactylopteroidei
- Suborde Hexagrammoidei
- Suborde Normanichthyiodei
- Suborde Platycephaloidei
- Suborde Scorpaenoidei
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escorpeniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escorpeniformes |