Empuriabrava
Aparencia
Empuriabrava é unha urbanización e localidade máis poboada do concello de Castelló d'Empúries, na provincia de Xirona, en Cataluña.
Trátase dunha mariña residencial construída xunto á praia dos Graells e arredor dunha extensa rede de canles artificiais a imaxe das existentes na costa de Francia ou Florida, un modelo inspirado en Venecia, e que repite o que xa se desenvolvera na veciña Santa Margarida, no concello de Roses. Actualmente considérase a mariña residencial máis grande do mundo.
Tiña en 2014 unha poboación de 7.873 habitantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Empuriabrava |