Saltar ao contido

Emilio Rolán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Rolán
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
A Guarda, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela (–1960) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, biólogo e malacólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaRolán Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEmilio Rolán-Alvarez Editar o valor en Wikidata
Premios
Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

BNE: XX1104291 BUSC: rolan-mosquera-emilio-1935

Emilio Rolán Mosquera, nado na Guarda en 1935 é un médico e biólogo galego especializado en malacoloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Médico pediatra

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía en 1960 pola universiadade de Santiago de Compostela, foi médico interno da cátedra de pediatría e puericultura da Facultade de Medicina de Santiago en 1962, desempeñando o cargo de médico axudante de clases prácticas de pediatría durante o curso 1961-62 en dita facultade.

En 1963 obtén en Madrid o título de Médico puericultor do Estado e, en 1964, o de Especialista en pediatría e puericultura.

Entre outros cargos, foi médico pediatra do antigo Seguro Obrigatorio de Enfermidade, desde 1966, exercendo, entre outros lugares, no concello da Pobra do Caramiñal, despois foi xefe do Servizo de Pediatría do Instituto Social da Mariña, en Vigo, desde 1974 a 1985, e xefe do Servizo de pediatría do Hospital Povisa, de Vigo, desde 1978 até 1999.

Como docente, foi profesor asociado de Ciencias da Saúde (PACS) da Facultade de Medicina de Santiago desde 1989 a 1996, profesor titular da Escola Universitaria de Enfermaría de Vigo da materia Metodoloxía da investigación, no curso 1992-93, e de Enfermaría infantil, desde 1993 até 2003.[1]

De pediatra a doutor en bioloxía experto en malacoloxía

[editar | editar a fonte]

Exercendo como pediatra, e por casualidade, empezou a interesarse polos moluscos.

Me inicié en Pobra do Caramiñal, cuando trabajaba allí. Recogía conchas para decorar cofres y un día leí en una revista médica que un coleccionista pedía conchas del Atlántico y le envié un lote. Él me contestó y me mandó a su vez otro lote del Mediterráneo. Me encontré sin querer con una pequeña colección.[2]

A partir de aí comprou un libro e comezou a ordenar as cunchas. Ao volver a Vigo, en 1965, naceu unha colección que foi medrando até converterse nunha das máis importantes do mundo (na actualidade contén máis de 25 000 lotes catalogados, ademais dunha gran cantidade de lotes e material pendente de estudo, cun total aproximado superior probabelmente a dous millóns de cunchas e exemplares, a maior parte obtidas mediante propia recolección en numerosos países do mundo). Contra 1978, e tras unha viaxe a Cabo Verde, arrincou a súa dedicación como investigador malacolóxico.

En 1980 fixo a súa primeira publicación (leva máis de trescentas), centrándose neste aspecto máis que na recompilación de cunchas de moluscos en mares e ríos. Doutor en Bioloxía pola universidade de Santiago en 1992, a súa tese de doutoramento titúlase "La familia Conidae en el Archipiélago de Cabo Verde". A maioría dos fondos da súa colección proceden das máis de 60 viaxes que realizou a 35 países de todo o mundo, participando en máis dunha vintena de expedicións, sobre todo en Cuba e Cabo Verde.

No seu haber científico e investigador ten publicados preto dun millar de nomes de especies descubertas e descritas por el mesmo, entre elas unha específica de Vigo, a Onoba vigoensis, outra dedicada a Galicia, Onoba galaica,[3] e outra, a Onoba bregoani, dedicada a Breogán.[3][4]

É autor de numerosos libros e publicacións científicas, especialmente no campo da malacoloxía, pero tamén no da pediatría.

En 2003 asinou un convenio coa universidade compostelá cedendo os seus fondos a dita institución, para que formen parte do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.[5]

Actividade social na malacoloxía

[editar | editar a fonte]

Sociedades das que forma parte

[editar | editar a fonte]
  • Sociedad Española de Ciencias Naturales.
  • Sociedad Española de Malacología (membro fundador).
  • Conchological Society of Great Britain and Ireland.
  • Società Italiana de Malacologia (antes, Unione Malacologica Italiana).
  • Sociedade Portuguesa de Malacologia.
  • Hawaiian Malacological Society.
  • Sociedade Galega de Historia Natural.
  • Asociación Naturalista Bajo Miño.
  • Associazione Malacologica Internacionale.
  • Belgian Society for Conchology.

Cargos desempeñados

[editar | editar a fonte]
  • Vogal da Xunta Directiva da Sociedad Española de Malacología (1988-1992).
  • Editor da revista malacolóxica Noticiario de la SEM (1990-actualidade).
  • Presidente da Sociedad Española de Malacología (decembro de 1992-outubro de 2005).
  • Vicepresidente da Sociedad Española de Malacología (outubro de 2005-actualidade).
  • Presidente do Comité Organizador do "V Congreso Nacional de Malacología"" celebrado en Vigo en setembro de 1984.
  • Xestor do "Museo Galego do Mar" de Vigo (1994-1998).
  • Advisory Board da revista Argonauta da Associacione Malacologica Internazionale (1994-1999).
  • Membro do Comité Organizador do Twelfth International Malacological Congress celebrado en Vigo en setembro de 1995.
  • Membro do Comité Científico do Twelfth International Malacological Congress en 1995 e coeditor do libro de Abstracts de dito Congreso.
  • Membro do Comité Organizador do "XII Congreso Nacional de Malacología", celabrado en Málaga (22-26 de setembro de 1998).
  • Membro do Comité Científico e Vicepresidente do Comité Organizador do "II Congreso Internacional de las Sociedades Malacológicas Europeas", celebrado en Vigo en 2002.
  • Membro do Comité Científico do V International Congress of the European Malacological Societies, celebrado en Nápoles en 2005.
  • Editor da revista Argonauta (1999-2001).
  • Participación como invitado no 3rd International Workshop of Malacology en Menfi, Sicilia, xuño de 2000.
  • Membro do Comité Organizador do I Congreso Congiunto delle Società Malacologiche del Mediterraneo, celebrado en Xénova en novembro de 2000.
  • Vicepresidente do Comité Organizador e membro do Comité Científico do "II Congreso Internacional de las Sociedades Malacológicas Europeas", celebrado en Vigo en setembro de 2002.
  • Participación como convidado no Workshop sobre Fauna Europea celebrado en Madrid en setembro de 2002, organizado polos museos MNHN, ZMUC, ZMA e MNCN.
  • Investigador ad Honorem do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela (nomeado en decembro de 2003).
  • Membro do Comité Científico do IV Internacional Congress of the Malacological European Societies, celebrado en Nápoles en outubro de 2005
  • Actuou como avaliador de traballos científicos para as revistas Thalassas, Iberus, Ophelia, Apex, Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía), Argonauta, Bollettino Malacologico, Strombus e Zoosystema.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Rolán Mosquera, E. (1980): "Descripción de tres nuevas especies del género Conus Linné, 1758 (Mollusca: Gastropoda), procedentes del Archipiélago de Cabo Verde". Bolletino Malacologico 16 (3/4):79-94, 3 pls.
  • Rolán Mosquera, E. & Pedrosa, G. P. G. (1981): "Molluschi raccolti sul banco di Galizia". La Conchiglia 13 (150/151), 6–7, 10, 15.
  • Rolán Mosquera, E. (1983): Moluscos de la ría de Vigo 1. Gasterópodos. Revista de Ciencias del Mar Thalassas 1 (1) Anexo 1: 1-383. ISBN 84-300-8957-84.
  • Rolán E., Röckel, D. & Monteiro, A. A. (1983): "New observations on Cape Verde cones, II. La Conchiglia 15 (174/175): 16-17.
  • Rolán E., Rolán Álvarez, E. & Ortea, J. (1992): "Sobre la captura en Galicia (NO de España) de Tritonia hombergi Cuvier, 1803 y Babakina anadoni (Ortea, 1979) comb. nov. (Mollusca: Nudibranchia)". Iberus 10 (1): 113-117.
  • Rolán, E. (1993): Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-608-X.
  • Rolán E., Otero-Schmitt, J. & Fernandes, F. (1994): "El género Bactrocythara (Gastropoda: Turridae: Mangeliinae) en África Occidental, con descripción de una nueva especie". Bollettino Malacologico 29, 243–284.
  • Rolán, E. & Otero-Schmitt, J. (1996): Guía dos moluscos de Galicia- Vigo: Galaxia. ISBN 95-8288-072-1.
  • Rolán-Álvarez, E. & Rolán, E. (1995): "Applicability of the biological species concept in taxonomy: the example of Littorina saxatilis (Gastropoda: Prosobranchia)". Argonauta 9 (1-6): 1-8.
  • Rolán E., Monteiro, A. & Fernandes, C. (1998): "Cone shells from Cape Verde Island: new developments, with description of a new species". La Conchiglia 30 (286): 36-44, 6 figs., 1 map.
  • Rolán, E., Otero-Schmitt, J. & Fernandes, F. (1998): "The family Turridae s. l. (Mollusca, Neogastropoda) in Angola (West Africa). 1. Subfamily Daphnellinae". Iberus 16: 95–118.
  • Rolán E., Rubio, F. & Ryall, P. (2000): "A new species of Teinostoma (Mollusca, Gastropoda, Vitrinellidae) from Ghana (W. Africa)". Argonauta 13 (2): 81-82.
  • Rolán, E. & Rubio, F. (2001): "New species of the genera Elachisina and Rissoella (Mollusca, Gastropoda) from the Cape Verde Archipelago. Novapex (Jodoigne) 2 (4): 133-136.
  • Rolán, E., Hernández, J. M. & Déniz, F. (2005): "Description of two new species of the genus Solariella (Gastropoda, Trochidae) from Canary and Mauritania". Visaya 5: 4-11.
  • Rolán, E., Ryall, P. & Horro, J. (2007): "Two new species of the genera Crassispira and Agladrillia (Gastropoda, Conoidea) from Angola". Neptunea 6 (3): 25-31.
  • Rolán, E. (2008): "The genus Onoba (Mollusca, Vaenogastropoda, Rissoidae) from NW Spain, with the description of two new species". Zoosymposia 1: 233-245.
  • Rolán E., Ryall, P. & Horro, J. (2008): "Notes on West African Perrona (Gastropoda: Clavatulidae) with the description of a new species". Iberus 26 (1): 5-16.
  • Rolán, E., Fernández-Garcés, R. & Lee, H. G. (2009): "The genus Stosicia in the Caribbean (Caenogastropoda, Rissoidae) with the description of a new species. Basteria 73 (1-3): 1-8.
  • Rolán, E., González-Porto, M. & de Matos-Pita, S. (2009): "The genus Callumbonella (Gastropoda, Trochacea), with description of a new species from Namibia". Journal of Conchology 39 (6): 634-657.
  • Rolán, E. (2010): "A new species of the genus Aroapyrgus (Prosobranchia, Cochliopinae) from Guatemala. Gloria Maris '49 (2): 48-53.
  • Rolán, E., Fernández-Garcés, R. & Lee, H. G. (2010): "A new species of Mitromica (Gastropoda: Costellariidae) from Nicaragua". Novapex, 11 (4): 119-121.
  • Rolán, E., Fernández-Garcés, E. & Redfern, C. (2012): "New records and description of four new species of the genus Agathotoma (Gastropoda, Mangeliidae) in the Caribbean". Novapex 13 (2): 45-62.
  • Rolán, E., Fernández-Garcés, R. & Rubio, F. (2013): "A new species of Murchisonella (Heterobranchia: Murchisonellidae) from Cuba". Novapex 14 (1): 17-19.
  • TRIGO, J.E.; DÍAZ AGRAS, G.J.; GARCÍA-ÁLVAREZ, O.L.; GUERRA, A.; MOREIRA, J.; PÉREZ, J.; ROLÁN, E.; TRONCOSO, J.S. & URGORRI, V. (2018). Troncoso, J.S., Trigo, J.E. & Rolán, E., ed. Guía de los Moluscos Marinos de Galicia. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. 836 pp. ISBN 978-84-8158-787-6.

Honras e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Socio de Honra da Societat Catalana de Malacologia (desde abril de 1999).
  • Premio internacional Una vita per la Malacologia (1999), outorgado en Cupra Marittima (Ascoli Piceno, Italia). É un premio que nomea anualmente a unha persoa que destacara polos seus traballos de investigación.

Especies nomeadas na súa honra

[editar | editar a fonte]
  • En 1990, Warén & Bouchet denomiaron unha especie de monoplacóforo como Laevipilina rolani na súa honra.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Rolán emprégase para indicar a Emilio Rolán como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Datos tirados da páxina web do doutor Rolán Emilio Rolán Mosquera (en castelán) Consultada o 18/09/2012.
  2. El Museo do Mar no quiso mi colección que ahora tiene Santiago La Voz de Galicia, 21/12/2008.
  3. 3,0 3,1 Onoba galaica e Onoba breogani no WoRMS.
  4. Relación de especies descrItas por Rolán no WoRMS.
  5. "Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]