Emblema de Djibuti
Aparencia
Emblema de Djibuti | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Djibuti |
Adoptado | 1977 |
Crista | Estrela vermella |
Escudo | Escudo tradicional |
Alicerce | Dúas mans, cada unha delas termando dun machete |
O emblema nacional de Djibuti foi adoptado tras producirse a declaración de independencia do país o 25 de xuño de 1977.
Na parte central deste escudo aparece representada unha lanza colocada verticalmente, detrás dun escudo tradicional. Baixo o escudo hai dous brazos, situados ós lados da lanza, portan senllos machetes. Os dous brazos simbolizan aos dous grupos étnicos de Djibuti: os afar e o clan dos issa.
Na parte superior do escudo figura unha estrela vermella de cinco puntas e na súa parte exterior aparecen representadas esquematicamente dúas pólas de loureiro.