Embarcación
Unha embarcación é calquera vehículo deseñado para viaxar a través de masas de auga, como un barco, unha barca, un bote, un aeroescorregador, un submarino, un sumerxible, etc
Tipos
[editar | editar a fonte]As embarcacións pódense agrupar en:
- Embarcacións de superficie: barcos, iates, remolcadores, hidroplanos, ekranoplanos, vehículos non tripulados, veleiros, ... e embarcacións de propulsión humana como balsas, canoas, caiacs, táboas de surf ou paddle, ...[1]
- Embarcacións submarinas: submarinos, sumerxibles, vehículos submarinos non tripulados, propulsores de mergullo, ...
- Vehículos anfibios: aeroescorregador, automóbiles anfibios, hidroavións, ...
Deseño
[editar | editar a fonte]O deseño das embarcacións require unha compensación entre a capacidade interna (tonelaxe), a velocidade e a navegabilidade. O tonelaxe é importante para o transporte de mercadorías, a velocidade é importante para os embarcacións de guerra e as embarcacións de carreiras e o grao de navegabilidade varía segundo as masas de auga nas que se utilice unha embarcación. A normativa aplícase ás embarcacións máis grandes, para evitar o naufraxio e outros problemas. As tecnoloxías de deseño inclúen o uso de modelos informáticos de simulación e probas de modelos na canle de ensaios hidrodinámicos.[2]
O deseño cóncavo a base de madeira, metal, plástico ou outro material responde ao principio de Arquímedes.
Propulsión
[editar | editar a fonte]A propulsión das embarcacións conséguese das seguintes maneiras:
- A enerxía hidráulica utilízase á deriva coa corrente fluvial ou cunha corrente da marea.
- O esforzo humano utilízase a través dun pau de empurre nas augas pouco profundas ou a través de remos que operan na superficie da auga.
- A enerxía eólica é utilizada polas velas.
- O remolque utilízase, xa sexa desde a terra, como a marxe dunha canle, coa forza motriz proporcionada por animais de tiro, humanos ou maquinaria, ou outra embarcación de remolque.
- A propulsión mecánica utiliza un motor cuxa potencia se deriva da queima dun combustible (diésel, eléctrica, gasolina nas pequenas embarcacións e turbinas a gas) ou da enerxía almacenada como as baterías. Esta potencia convértese habitualmente en propulsión mediante hélices ou hidrojets, ou antigamente as rodas de paletas.[3]
- Propulsión nuclear usada en grandes embarcacións coma submarinos nucleares, portaavións e crebaxeos.
- Antiguamente tamén se usaron as turbinas de vapor ou as caldeiras.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thomas, Isabel (2014). First Book of Ships and Boats. A&C Black. ISBN 978-1-4729-0105-7.
- ↑ Tupper, Eric (1996). Introduction to Naval Architecture. Butterworth-Heinemann. ISBN 978-0939773213.
- ↑ McGrail, Sean (2014). Early ships and seafaring : European water transport. Pen and Sword Archaeology. ISBN 9781781593929.