Elizabeth Garrett Anderson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1836 Whitechapel, Reino Unido (pt) |
Morte | 17 de decembro de 1917 (81 anos) Alde House, Reino Unido (en) |
Mayor of Aldeburgh (en) | |
9 de novembro de 1908 – 1911 | |
Datos persoais | |
Residencia | Alde House (en) |
Educación | Middlesex Hospital (1860–1861) Paris Medical Faculty (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina e política local (pt) |
Lugar de traballo | Upper Berkeley Street (en) |
Ocupación | política, sufraxista, médica, escritora |
Empregador | London School of Medicine for Women Elizabeth Garrett Anderson and Obstetric Hospital (en) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | James George Skelton Anderson (1871–1907), morte do cónxuxe |
Fillos | Louisa Garrett Anderson, Alan Garrett Anderson |
Pais | Newson Garrett e Louisa Dunnell |
Irmáns | Millicent Fawcett Agnes Garrett Samuel Garrett |
Descrito pola fonte | Cartoon portraits and biographical sketches of men of the day (en) Obálky knih, Medvik >>>:Anderson, Elizabeth Garrett, 1836-1917, |
Elizabeth Garrett Anderson, nada en Whitechapel, (Londres) o 9 de xuño de 1836 e finada en Aldeburgh, 17 de decembro de 1917, foi a primeira médica británica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1854, durante unhas visitas ás súas amigas da escola, coñeceu a Emily Davies, pioneira feminista e fundadora do Girton College en Cambridge, que se converteu na súa amiga e confidente para o resto da súa vida.
Elizabeth Garrett decidiu estudar Medicina tras asistir a unha conferencia de Elisabeth Blackwell en 1859,[2] foi rexeitada na escola de medicina e matriculouse como estudante de enfermería en Middlesex Hospital mentres estudaba soa con médicos en hospitais en Londres e Edimburgo . En 1865 obtivo a súa licenza para exercer na Sociedade de Farmacéuticos, que era a única que permitía exames para mulleres; entón esta sociedade cambiaría as súas normas para evitar que outras mulleres se incorporen á profesión deste xeito. Elizabeth Garrett Anderson máis tarde doutorouse na Universidade da Sorbona en París en 1870, converténdose na primeira muller de Gran Bretaña en graduarse e doutorarse.[1][3][4][5]
Debido a que, como muller, ningún hospital a contrataba a pesar de ter unha titulación, en 1866 abriu unha consulta privada, o St. Mary's Dispensary for Women and Children, en Marylebone, nunha das zonas máis pobres de Londres. Despois decidiu convertelo nun hospital no que só traballaban mulleres, polo que pasou a denominarse Novo Hospital para Mulleres, inaugurado en 1872. En 1918, despois da súa morte, o hospital tomaría o seu nome; agora forma parte da Universidade de Londres.[4]
En 1874 Anderson cofundou con Sophia Jex-Blake, Emily Blackwell e a súa irmá Elizabeth Blackwell unha escola de medicina para mulleres, a London School of Medicine for Women, onde ensinou e foi decana de 1883 a 1903.[1][4]
Escribiu moitos artigos e memorias sobre a súa carreira médica. A súa determinación abriu o camiño para outras mulleres e en 1876 aprobouse unha lei que permitía ás mulleres acceder ás profesións médicas. Tamén se fixo coñecida como unha loitadora activa polo movemento do sufraxio feminino. Así, foi membro do Comité Central da Sociedade Nacional para o Sufraxio das Mulleres en 1889.[5]
Retirada á cidade de Aldeburgh, na costa de Suffolk, en 1908 foi elixida alcaldesa.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Encyclopaedia Britannica (ed.). "Elizabeth Garrett Anderson".
- ↑ Claramunt e Claramunt (2012)
- ↑ 3,0 3,1 Enciclopedia Espasa, volum. 5, páxina 694. 1909. ISBN 8423945057
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Mujeres con ciencia, ed. (2019-08-15). "Elizabeth Garrett Anderson (1836-1917): La doctora que recibió las llaves del reino de la medicina".
- ↑ 5,0 5,1 "Elizabeth Garrett Anderson (1836 - 1917)". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. Madrid: UNED. ISBN 9788436264210.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Elizabeth Garrett Anderson (1836-1917): La doctora que recibió las llaves del reino de la medicina no blog Mujeres con ciencia