El rey pasmado
El rey pasmado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Imano Uribe |
Guión | Joan Potau Gonzalo Torrente Malvido |
Baseado en | Crónica del rey pasmado de Gonzalo Torrente Ballester |
Intérpretes | Gabino Diego Anne Roussel Juan Diego Javier Gurruchaga Fernando Fernán Gómez María Barranco |
Música | José Nieto |
Fotografía | Hans Burmann |
Estrea | 1991 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
El rey pasmado é unha película cómica e histórica española de 1991 dirixida por Imanol Uribe, baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester Crónica del rey pasmado.
Trama
[editar | editar a fonte]A trama está ambientada na corte española de comezos do século XVII. O rei Filipe IV (Gabino Diego), nunha escapada co conde da Peña Andrada, queda abraiado ao contemplar o corpo espido (cunhas calzas vermellas) de Marfisa (Laura del Sol), unha prostituta da Vila, nunha postura similar á do cadro Venus do espello. O rei entón desexa contemplar o corpo espido da súa muller, a raíña Isabel de Borbón (Anne Roussel).
Isto fai que o Grande inquisidor se vexa obrigado a convocar unha xunta de teólogos para debater o asunto. As dúas caras do debate están representadas pola figura do frade Villaescusa (Juan Diego), que asegura que a pretensión do rei é grave pecado que pode traer p castigo a todo o país, e o padre Almeida, un misioneiro xesuíta que replica que a mala sorte dos gobernados depende da capacidade dos seus gobernantes máis ca da súa moralidade, e que o desexo do rei é un asunto privado. Aínda que a raíña está disposta a compracer os desexos do rei, Villaescusa e os seus subalternos fan o posible para frustrar as súas pretensións. Finalmente, grazas á axuda do xesuíta e o conde da Peña Andrada, o rei consegue reunirse coa raíña no Convento de San Plácido e logra o seu obxectivo.
Paralelamente, o Conde-Duque de Olivares (Javier Gurruchaga) teme estar sendo castigado por Deus xa que non logra ter descendencia coa súa muller, polo que pide consello a Villaescusa, quen o informa de que a culpa da esterilidade a ten o pracer que el e mais a súa esposa obteñen á hora de realizar o acto sexual. A solución, de "inspiración divina" proposta por Villaescusa consiste en que o conde e a súa muller copulen no coro da igrexa de San Plácido (moi preto de onde se encontran os reis) diante das monxas do coro. Á saída deste encontro sexual o Conde-Duque de Olivares recibe senllos correos onde o informan da chegada da Frota de Indias a Cádiz con todo o cargamento e a vitoria das tropas españolas na Guerra dos Oitenta Anos. Villaescusa quere facer ver que o feliz desenlace se debe aos sacrificios polos que pasaron, pero o Conde-Duque replícalle que pola data das cartas se ve que a frota chegara a Cádiz dous días atrás, xusto cando o rei fora coa prostituta. O Conde-Duque envía a Villaescusa a Roma cunha carta lacrada onde se pide que non o deixen marchar até que mude a súa actitude.
Actores
[editar | editar a fonte]- Gabino Diego (Filipe IV)
- Anne Roussel (Isabel de Borbón)
- Juan Diego (Villaescusa)
- Javier Gurruchaga (Conde-Duque de Olivares)
- Fernando Fernán Gómez (Gran Inquisidor)
- María Barranco (Lucrecia)
- Joaquim de Almeida (Almeida)
- Eusebio Poncela (Conde de Peña Andrada)
- Laura del Sol (Marfisa)
- Carme Elías (Abadesa)
- Alejandra Grepi (Doña Bárbara)
- Emma Cohen (Duquesa viúva do Maestrazgo)
- Christine Dejoux (Colette)
- Eulalia Ramón (Paca Tavora)
- Enrique San Francisco (Mendigo)
- José Soriano (Rivadesella)
Características
[editar | editar a fonte]A película ten unha ambientación ben documentada. Foi rodada no Palacio do Marqués de Santa Cruz en Viso del Marqués (Cidade Real) e no Mosteiro de Uclés (Cuenca). Do vestiario encargouse Javier Artiñano, e a banda sonora compúxoa José Nieto.
Premios
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Nomeada | |
Mellor dirección | Imanol Uribe | Nomeado |
Mellor actor protagonista | Gabino Diego | Nomeado |
Mellor actriz secundaria | María Barranco | Nomeada |
Mellor actor secundario | Juan Diego | Gañador |
Javier Gurruchaga | Nomeado | |
Mellor guión adaptado | Joan Potau Gonzalo Torrente Malvido |
Ganadores |
Mellor música orixinal | José Nieto | Gañador |
Mellor fotografía | Hans Burmann | Nomeado |
Mellor dirección artística | Félix Murcia | Gañador |
Mellor dirección de produción | Andrés Santana | Gañador |
Mellor deseño de vestiario | Javier Artiñano | Gañador |
Mellor maquillaxe e peiteado | Romana González Josefa Morales |
Gañadoras |
Mellor son | Gilles Ortion Ricard Casals |
Gañadores |
Outros
- Festival de Cine de Peñíscola - Mellor Guión (Joan Potau e Gonzalo Torrente Malvido)
- Premio ACE (Nova York) - Mellor Director (Imanol Uribe), Mellor Actor secundaria (Juan Diego)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Gonzalo Torrente Ballester Arquivado 15 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
- El rey pasmado en De Cine 21
- El rey pasmado en Aite-Ariane Films Arquivado 26 de marzo de 2012 en Wayback Machine.