Edward Gibson
Aparencia
Nome orixinal | (en) Edward George Gibson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de novembro de 1936 (88 anos) Buffalo, Estados Unidos de América |
Educación | Instituto Tecnolóxico de California Universidade de Rochester (pt) Kenmore West Senior High School (en) |
Director de tese | Edward Edom Zukoski (en) e Frank E. Marble (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, físico, enxeñeiro, aviador |
Empregador | NASA, astronauta Instituto Tecnolóxico de California |
Tempo no espazo | 84 días, 1 hora e 15 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Edward George "Ed" Gibson, nado en Buffalo (Nova York) o 8 de novembro de 1936, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Skylab 4.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gibson graduouse en enxeñería pola Universidade de Rochester en 1959 e é máster na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) en 1960. Tamén ten un doutoramento en enxeñería e física polo Caltech en 1964.[1]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1965. Participou na misión Skylab 4, pasando un total de 84,05 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gibson, Edward George" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020.
- ↑ NASA, ed. (decembro de 1993). "EDWARD G. GIBSON (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edward Gibson |