Saltar ao contido

Economía de Arabia Saudita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Arabia Saudita
Moeda riyal saudita
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, OPEP
Datos estatísticos[1]
PIB 687,7 mil millóns (2011)
Posición do PIB 24ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,1% (2011)
PIB per cápita $ 24.400 (2011)
PIB por sector agricultura 2%, industria 67,5%, comercio e servizos 30,5% (2011)
Inflación 5% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 7630000 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 6,7%, industria 21,4%, comercio e servizos 71,9% (2005)
Desemprego 10,9% (2011)
Industrias produción de petróleo cru, refino de petróleo, petroquímicos básicos, amonia, gases industriais, hidróxido de sodio, cemento, fertilizantes, plásticos, metais, conserto de barcos, conserto de avións, construción civil
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 364,7 mil millóns (2011)
Produtos de exportación petróleo e derivados 90%
Principais mercados Xapón 13,9%, República Popular da China 13,6%, Estados Unidos 13,4%, Corea do Sur 10,2%, India 7,8%, Singapur 4,8% (2011)
Importacións 120 mil millóns (2011)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, alimentos, produtos químicos, vehículos a motor, téxtiles
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 107,1 mil millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía da Arabia Saudita está baseada na extracción do petróleo cun forte control gobernamental sobre as principais actividades económicas. Arabia Saudita é o país do mundo coas maiores reservas de petróleo xa descubertos (máis do 20% do total mundial[1]), é o maior exportador de petróleo do mundo e ten papel de liderado na OPEP. O sector petrolífero é responsable por preto de 75% das ganancias, 45% do PIB e 90% das receitas das exportacións.[1]

Uns 40% do produto interno bruto viñan do sector privado, pero país ten estimulado a expansión deste, coa intención de diversificar a súa economía e empregar máis nacionais. Os intentos de diversificar pasan polos sectores de xeración de enerxía, telecomunicacións, exploración de gas natural e petroquímica.[1] O país emprega aproximadamente 6 millóns de estranxeiros, especialmente nos sectores de petróleo e servizos, mentres o goberno intenta reducir o desemprego entre os nacionais.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2012. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).