Saltar ao contido

Ebenáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ebenáceas

Xardín de D. kaki no Xapón
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ebenaceae
Gürke, in H.G.A.Engler & K.A.E Prantl, 1891, nom. cons.
Subfamilias

As ebenáceas (Ebanaceae) son unha familia de plantas arbóreas ou arbustivas pertencente á orde Ericales. Componse de case 800 taxons específicos e infraespecíficos aceptados (uns 60 en Euclea e 8 en Lissocarpa) - dos case 2.000 descritos,[1] en xeral de países tropicais.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son árbores ou arbustos, xeralmente dioicas, ás veces monoicas ou polígamas. Follas alternas ou raramente opostas, simples, enteiras sen estípulas. Inflorescencias cimosas ou flores solitarias, axilares, actinomorfas, as estaminadas con ovario vestixial e as pistiladas a miúdo con estaminodios; cáliz connado, 3–7-lobado, persistente e a miúdo acrescente no froito; corola de pétalos soldados, 3–7-lobada, imbricada, de prefloración espiral ou ás veces valvada; estames insertados á base do tubo da corola ou ao receptáculo, xeralmente (1) 2 (–5) veces o número de lóbulos da corola e en 2 verticilos; anteras con dehiscencia lonxitudinal ou ás veces poricida; xineceo sincárpico, estilos 2–8, fusionados a maior parte da súa lonxitude e con aparencia de ser un só, ou ben case libres, ovario súpero, (2) 3–8 (–10)-carpelar, cada carpelo a miúdo partido no medio e entón os lóculos en dobre número que os carpelos, óvulos 1 (2) por lóculo. Froito unha baga xeralmente zumarenta a algo coriácea ou ás veces unha cápsula.[2]

Subfamilias e xéneros

[editar | editar a fonte]

Ebenoideae (Gürke, in H.G.A.Engler & K.A.E Prantl, 1891) Thorne & Reveal, 2007

[editar | editar a fonte]
Diospyros L., 1753

Uns 750 taxons aceptados, dos cales os máis importantes ou coñecidos son:

Euclea L., in J.A. Murray

Lissocarpoideae (Gilg) B.Walln., 2004

[editar | editar a fonte]
Lissocarpa Benth. Gen. Pl. Bentham & Hooker f. ii. 671,1876
  1. "Ebenaceae en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  2. "Ebenaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  3. Ebenaceae en The Taxonomicon

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fl. Guat. 24(8): 244–251. 1967; Fl. Pan. 65: 145–154. 1978; C.E. Wood, Jr. e R.B. Channell. Ebenaceae (Ebony family). In: The genera of the Ebenales in the Southeastern United States. J. Arnold Arbor. 41: 17–22. 1960; L. Pacheco. Ebenaceae. Fl. Veracruz 16: 1–21. 1981.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]