Dorothy Mills
Dorothy Mills | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dorothy Mills |
Director | Agnès Merlet |
Produtor | Jérôme Lateur Jean-Luc Ormières |
Guión | Juliette Sales Agnes Merlet |
Intérpretes | Carice van Houten Jenn Murray Ger Ryan Gary Lewis Rynagh O'Grady |
Música | Nathaniel Méchaly |
Fotografía | Giorgos Arvanitis |
Montaxe | Monica Coleman |
Distribuidora | Dutch FilmWorks Genius Products |
Estrea | 2008 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Irlanda Países Baixos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $500 000 (estimado) |
Na rede | |
Dorothy Mills é un filme dirixido por Agnès Merlet que se estreou no 2008. Está protagonizado por Carice van Houten e Jenn Murray. O filme trata dunha psiquiatra á cal lle asignan un caso dunha nena con problemas de personalidade múltiple.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jane Morton é unha psiquiatra á que lle asignan o caso de Dorothy Mills, unha rapaza de 15 anos de idade dunha recóndita illa irlandesa, que é acusada de tratar de asasinar un bebé ó que coidaba. Ó chegar ó lugar, Jane descubrirá unha pequena, relixiosa e fría comunidade desacougada por unha serie de misteriosos eventos e un terrible segredo que agocha a xente.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]O filme recibiu numerosos nomeamentos nos Irish Film and Television Awards de 2009. A actriz Jenn Murray foi nomeada á Mellor Actriz protagonista. Ger Ryan foi nomeada á Mellor Actriz Secundaria. O filme tamén recibiu nomeamentos ó peiteado, maquillaxe e mellor deseño de produción.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)