Saltar ao contido

Pedro, conde de Barcelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Don Pedro, conde de Barcelos»)
Modelo:BiografíaPedro, conde de Barcelos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Pedro Afonso de Portugal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1288 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1354 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Lamego, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de São João de Tarouca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, poeta, trobador, aristócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
PaiDinis de Portugal Editar o valor en Wikidata
IrmánsConstança de Portugal
Afonso IV de Portugal
Afonso Sánchez Editar o valor en Wikidata

Pedro Afonso, conde de Barcelos, nado en 1287 e finado en Lalim en 1354, foi un nobre portugués, segundo algunhas fontes o primeiro fillo natural de Dinís de Portugal e de Gracia Froes (de identificación insegura). Poeta e trobador como seu pai, tivo un papel de relevo na vida política e sobre todo cultural do seu tempo, ficando a deberlle unha boa parte dos máis importantes textos da literatura medieval galego-portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro e breve casamento con Branca Peres, herdeira de gran parte da fortuna dos Sousa, tornouno, á súa morte (1305), un dos homes máis ricos do reino. Ese estatuto foi consolidado co segundo casamento, coa aragonesa Maria Ximenes, de quen no entanto se separaría a curto prazo, por desentendementos varios. Viviu o resto da súa vida con Teresa Anes, a súa concubina, e non tivo descendencia.

Exiliado en Castela por motivos relacionados co conflito que opuxo a Dinís co príncipe herdeiro Afonso IV de Portugal, tomou contacto coas actividades culturais da corte castelá, que prolongaba o intenso labor do seu bisavó Afonso X de León e Castela, o Sabio.

Regresado do exilio en 1322, retomou a posesión de todos os seus bens, que foran confiscados. Pouco despois da morte de seu pai (1325), afastouse gradualmente da corte do medio irmán, con quen entra en disidencia (a pesar de que participara ao seu lado na batalla do Salado en 1340). Refuxiouse nos seus pazos de Lalim, que transformou nun centro cultural importante. É de aí que está datado o seu testamento (marzo de 1350) e onde morreu, en 1354. Xace sepultado no convento de São João de Tarouca, nun túmulo decorado nos laterais con escenas de caza do xabaril.

O legado cultural do conde de Barcelos é un dos máis importantes da Idade Media peninsular. Pedro foi certamente o compilador (ou polo menos o último compilador) das cantigas dos trobadores galego-portugueses. No seu testamento deixa ub Livro de Cantigas ao seu sobriño, Afonso XI de Castela, que se pensa é o arquetipo dos cancioneiros manuscritos que chegaron até nós; ese cancioneiro nunca chegou á posesión de Afonso XI e non se sabe do seu paradeiro. Excelente trobador, Pedro deixou catro cantigas de amor e seis cantigas de escarnio, onde o humor (coa malicia característica do xénero) se alía a un notábel sentido rítmico e musical.

De Lalim terían aínda saído dúas outras obras fundamentais da historia e cultura galego-portuguesas. Unha é o chamado Livro de Linhagens do conde D. Pedro (1340-1344), unha recompilación da xenealoxía das principais familias nobres de Portugal inseridas no contexto peninsular e universal. A outra obra debida ao conde é a Crónica Xeral e Crónica e Castela, unha crónica histórica en que é descrita a historia dos varios reinos ibéricos e da Reconquista, enfatizándose o papel dos reis portugueses na cruzada contra o islam. Os dous libros son de alta cualidade narrativa e representan puntos altos da prosa medieval galego-portuguesa.

O recoñecemento da cualidade da obra de Pedro na Idade Media é evidenciado polo feito de que tanto o Livro de Linhages como a Crónica sufriron varios acrecentos posteriores en Portugal e foron traducidas varias veces ao castelán. Até a actualidade os investigadores continúan estudando a obra do conde tanto polos datos historiográficos como polo seu nivel narrativo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]