Dolmen do Meixoeiro
Dolmen do Meixoeiro | |
---|---|
Ben de Interese Cultural | |
Localización | |
País | España |
Localidade | Mos |
Coordenadas | 42°10′31″N 8°40′11″O / 42.175413, -8.669671 |
Datos xerais | |
Estilo | Megalitismo |
O dolmen do Meixoeiro (tamén chamado dolmen de Cela, dolmen de San Cosme, dolmen das Minas, dolmen de San Colmado ou mámoa do Meixoeiro) é un xacemento megalítico situado no concello de Mos. Consiste nun dolmen neolítico de corredor curto. Cunha cámara de 2 metros de diámetro e 1,7 metros de altura. A tampa ten un grosor próximo ao metro e mide 3 por 3 metros. Conserva 7 dos 8 ortóstatos que o compoñían.[1]
Foi orixinalmente parte dunha necrópole de doce dólmens situados nos lugares de Pereiras, Cela e San Cosme. Forma parte da gran Necrópole do Alto de Rebullón (Anexos I e II) e As Xunqueiras (Xunqueiras II). Non se atopa na súa localización orixinal, senón que foi trasladado ás instalacións do Círculo Mercantil de Vigo. Contén trazas de arte na roca, pero que xa non son recoñecibles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dolmen de Meixoeiro". Patrimonio Galego. Consultado o 2024-08-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas G. Schattner (Hrsg.): Archäologischer Wegweiser durch Portugal, Philipp von Zabern, Mainz 1998 S. 161Nr. 114. ISBN 3-8053-2313-1 (Kulturgeschichte der Antiken Welt, Band 74).
- Georg Leisner und Beira Leisner: Die Megalithgräber der Iberischen Halbinsel. Der Westen, 2. Lieferung 1959, S. 30f, ISBN 978-3-11-003257-4