Doenza desmielinizante
Estrutura dunha neurona típica |
---|
Unha doenza desmielinizante é un termo que abarca a todas aquelas doenzas que afectan á substancia branca do sistema nervioso central, producíndose unha desmielinización.[1] A doenza deste tipo máis frecuente é o Alzheimer, e moitas veces ámbolos dous termos son empregados coma sinónimos.
Introdución
[editar | editar a fonte]As neuronas, células do sistema nervioso, están arrodeadas por unha substancia chamada mielina, que favorece a condución eléctrica. No sistema nervioso central, a mielina fórmase a expensas da membrana plasmática dos oligodendrocitos, mentres que no sistema nervioso periférico depende das células de Schwann. Cando a mielina é destruída, a condución dos sinais eléctricos ao longo dos nervios vese seriamente afectada, e en consecuencia os nervios perden a súa funcionalidade co paso do tempo. A desmielinización comporta ademais unha perda da velocidade de condución do impulso e da resposta, perda de propiedades de condución, consumo enerxético pouco eficiente e desorganización do sistema nervioso.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Dentro das doenzas desmielinizantes pódense distinguir:[2]
- Esclerose múltiple
- Síndrome de Guillain-Barré
- Encefalomielite aguda diseminada
- Neuro-óptico-mielite de Devic
- Encefalomielite aguda hemorráxica
- Mielopatía asociada ao virus HTLV-1
- Leucodistrofias
- Leucodistrofia metacromática
- Leucodistrofia de células globoides-Doenza de Krabbe
- Adrenoleucodistrofia
- Doenza de Canavan
- Doenza de Refsum
- Doenza de Alexander
- Doenza de Pelizaeus-Merzbacher
- Xantomatose cerebrotendinosa
- leucodistrofia ortocromática
- Leucoencefalopatía con desaparición da substancia branca
- Leucoencefalopatía con esferoides neuroaxonais
- Doenzas desmielinizantes secundarias