Distrito Histórico de Pleasant Street (Gainesville, Florida)
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Florida | |||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Tipo | distrito | |||
Data | 20 de abril de 1989 | |||
Identificador | 89000323 | |||
O Distrito Histórico de Pleasant Street é un distrito histórico dos Estados Unidos (designado como tal o 20 de abril de 1989[1]) localizado en Gainesville, Florida. Abarca aproximadamente 3,1 km², estando delimitado polas Northwest 8th Avenue, Northwest 1st Street, Northwest 2nd Avenue e Northwest 6th Street. Abrangue dentro do seu perímetro un total de 259 edificios históricos.
No ano 1984 fundouse unha asociación chamada Pleasant Street Historic Society (Sociedade Histórica de Pleasant Street), que naceu coa intención de preservar, promover e protexer ao barrio ou distrito de Pleasant Street, investigando a súa historia, eventos e persoeiros, e á historia afroamericana no Condado de Alachua[2]. Outra das súas funcións é a de mellorar a comunicación entre os propietarios e a comunidade financeira, coa fin de incrementar o valor patrimonial do barrio. O seu pulo, e o doutras organizacións locais, deron lugar en 1989 á declaración do barrio como distrito histórico polo NRHP[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Referencia NRHP Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ About us na páxina da sociedade Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Map of the Pleasant Street Historic District Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. no Alachua County Heritage Collection (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Departamento de Programas Culturais e Históricos de Florida (Florida's Office of Cultural and Historical Programs) - Condado de Alachua Arquivado 22 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Placas Históricas no Condado de Alachua (Historic Markers in Alachua County) (en inglés)
- Historic Preservation Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine., listaxe de algúns edificios históricos deste distrito (en inglés)
- Plano de 1984 do Distrito Histórico de Pleasant Street, publicado pola Pleasant Street Historic Society (en inglés)