Despotismo ilustrado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
O despotismo ilustrado (tamén coñecido como absolutismo ilustrado) é un concepto político que se enmarca dentro das monarquías absolutas e que pertence ós sistemas de goberno do Antigo Réxime europeo. Porén, inclúe as ideas filosóficas da Ilustración, segundo as que as decisións do home son guiadas pola razón e a filosofía política do seu goberno descansa no dereito natural[1]. Os monarcas desta doutrina contribuíron ó enriquecemento da cultura dos seus países e adoptaron un discurso paternalista.
Orixes e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Aínda que ó longo do século XVIII o Estado absolutista coñeceu cambios no seu funcionamento, estes non afectaron á estrutura fundamental do poder absoluto. Co sistema político instaurado polas monarquías reformistas obsérvase que o monarca segue sendo o centro de poder e non ten obrigación de xustificar as súas accións, as ideas da Ilustración empezan a facerse ver entre as técnicas políticas. O absolutismo ilustrado seguía un principio básico, aumentando o benestar do pobo, e dándolle unha educación básica, pero non excesiva, conseguía que o nivel cultural do pobo aumentase, aumentando as posibilidades económicas dos máis desfavorecidos e conseguindo un maior beneficio a longo prazo para o Estado.
Malia que os filósofos ilustrados criticaron a política e a sociedade da súa época, non pretenderon que os cambios se deran pola vía revolucionaria; confiaban máis ben nun cambio pacífico orientado desde arriba para educar ás masas non ilustradas. Varios monarcas aceptaron as ideas propostas pola ilustración e deron orixe ó absolutismo ilustrado.
Os problemas do Estado absolutista requirían da colaboración de homes cualificados e con novas ideas, dispostos a reformar e impulsar o desenvolvemento político e económico das nacións. O monarca ilustrado é un soberano que acepta os principios da Ilustración e desexa poñelos en práctica para lograr unha maior eficacia no Estado, en beneficio deste e dos súbditos.
Nos Estados onde a monarquía absoluta era débil e a aristocracia poderosa, como Suecia, Dinamarca ou Polonia, a monarquía tiña que compartir a súa soberanía cos estamentos privilexiados. Pola contra, as novas grandes potencias do século XVIII con monarquías absolutas poderosas, como Prusia ou Rusia, crearon un exército potente e unha burocracia eficaz ó longo do século.
Por outra parte, era un modo de dar unha nova imaxe das monarquías absolutas para que parecesen unha forma de goberno máis transixente co pobo, un modo de mellorar a imaxe das Coroas ante os ollos dos Ilustrados de ideas máis renovadoras e revolucionarias.
Algúns dos seus representantes son:
- Catarina II de Rusia.
- Frederico II de Prusia.
- Xosé II Emperador Romano Xermánico
- Gustavo III de Suecia.
- María Tareixa I de Austria de Austria.
- Carlos III de España.
- Leopoldo II, Emperador Romano Xermánico e Gran Duque de Toscana.
- Xosé I de Portugal.
- Frederico VI de Dinamarca.
- Napoleón I de Francia.
Mostráronse tolerantes coas ideas reformistas da Ilustración e incluso acolleron na súa Corte a algún dos grandes ilustrados como Voltaire ou Diderot, o que explicará en parte a aparición en 1789 da Revolución Francesa. O carácter primordial é o seu espírito crítico e escéptico.
O absolutismo ilustrado inscríbese así na liña do absolutismo do século XVII, no reforzo do Estado dentro dun marco territorial nacional, na expansión económica baixo a protección estatal e no desenvolvemento comercial en mans dunha burguesía que proporciona administradores e financeiros á propia monarquía.
En xeral, os Estados absolutos eran pouco eficientes pola difícil coexistencia entre dúas tendencias antagónicas: a autonomía corporativa dos gremios, as igrexas, os señoríos...
Pódese resumir nunha frase todo para o pobo, pero sen o pobo. Desta frase pódense destacar dúas ideas:
- A busca do ben da nación (ou, polo menos, do que os gobernantes entenden por ese "ben"). Trátase dunhas reformas que proveñen desde o poder, sen contar coa opinión dos cidadáns.
- Este sistema político é o que fará crise nos últimos anos do século provocando a Revolución Francesa.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Este sistema, visto como unha etapa madura do absolutismo monárquico, decaeu nos últimos anos do século XVIII. As ideas da Ilustración, adoptadas por estes monarcas, foron tamén a mecha que prendeu nos sentimentos das clases desfavorecidas -en especial a burguesía, que cobraba maior relevancia- para combater un sistema absolutista voraz e xerador de desigualdade social, e encamiñarse cara a un goberno constitucional.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Knud Haakonssen The Cambridge History of Eighteenth-Century Philosophy. Cambridge University Press, 2006, páxina 1027