Desoxiadenosina monofosfato
Desoxiadenosina monofosfato | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 653-63-4 |
PubChem | 621 |
ChemSpider | 12079 |
MeSH | Deoxyadenosine+monophosphate |
ChEBI | CHEBI:17713 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H14N5O6P |
Masa molecular | 331,222 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A desoxiadenosina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxiadenosina ou ácido 5'-desoxiadenílico (ou desoxiadenilato), abreviada como dAMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].
A función do dAMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dGMP, dCMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleósidos trifosfato, neste caso dATP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleósidos monofosfato, neste caso dAMP.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxina 798. ISBN 84-282-0738-0