Dafydd Huws
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Bangor, Reino Unido |
Morte | 15 de abril de 2020 (70/71 anos) Penarth, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista, mestre |
Pseudónimo literario | Goronwy Jones Charles Huws |
Familia | |
Fillos | Catrin Dafydd |
Dafydd Huws, nado en Gwynedd en 1949 e finado en Penarth o 15 de abril de 2020, foi un escritor e guionista galés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor de lingua galesa en Gwaelod-y-garth, a nove quilómetros de Cardiff, entre 1972 e 1989. Comezou a escribir na revista Y Faner columnas asinadas co sobrenome de Charles Huws e foi guionista da serie Pobol y Cwm, entón emitida en BBC Wales. Escribiu unha serie narrativa centrada no personaxe de Goronwy Jones, cun ton humorístico e satírico e que reflicten a historia contemporánea galesa, as institucións propias e a identidade nacional, a ela pertencen as novelas Dyddiadur Dyn Dŵad (1978), Un Peth Di Priodi - Peth Arall Di Byw (1990), Walia Wigli (2004), Alias, Myth a Jones (2009), Nefar in Ewrop (2010) e o libro de relatos Chwarter Call (2005). É autor tamén da historia infantil Sêr y Dociau Newydd (1996) e foi guionista das series de S4C Mwy na Phapur Newydd, I Dir Drygioni e Iechyd Da e dos telefilmes Dyddiadur Dyn Dŵad (1989) e Delyn (2001).