Cyanocorax chrysops
Cyanocorax chrysops | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cyanocorax chrysops | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Cyanocorax chrysops
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Cyanocorax chrysops é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax.[2][3]
Propia da rexión Neotropical, encóntrase no centro-sur de América do Sur: no suroeste do Brasil, Bolivia, Paraguai, o Uruguai e o nordeste da Arxentina, incluídas as rexións d0 sur dos sistemas fluviais da conca do Amazonas que bordean o Pantanal.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[2][3], co nome de Pica chrysops,[2] na páxina 124 do seu traballo Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle Appliquée Aux Arts.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero ver Cyanocorax.
O epíteto específico, chrysops deriva do grego antigo χρυσώψ chrysṓps, "brillante como o ouro", fromado por χρυσός chrysós, "ouro" + ὤψ ṓps, "ollo", "cara", "aparencia", "aspecto".
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, coñeceuse tamén polo protónimo Pica chrysops Vieillot, 1818.[2]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense as seguintes catro subespecies:[2][3]
- Cyanocorax chrysops chrysops (Vieillot, 1818)
- Cyanocorax chrysops diesingii Pelzeln, 1856
- Cyanocorax chrysops insperatus Pinto & Camargo, 1961
- Cyanocorax chrysops tucumanus Cabanis, 1883
Características
[editar | editar a fonte]É unha ave elegante de tamaño mediano, de plumaxe azul escura na cabeza de nas partes superiores, co peito e o ventre de cor amarela crema. A cola, longa, tamén é de cor crema pola parte inferior e na metade posterior da parte superior. As patas son de cor azul escura.
Distribución
[editar | editar a fonte]A área de distribución de Cyanocorax chrysops esténdese desde a Rexión Sur do Brasil e o Uruguai, acercándose á costa do Atlántico Sur, pero a evita, aproximándose até unha franxa costeira de 400 a 150 km; a cordilleira costeira interior esténdese 3 500 km, desde o sur de São Paulo até o Rio Grande do Sul, na fronteira con Uruguai.
A distribución interior continúa no noroeste do Uruguai e esténdese ao noroeste polo norte da Arxentina, Paraguai e Bolivia e polo Pantanal no sur do Cerrado; a cordilleira esténdese en dous brazos, cara ao noroeste até o norte de Bolivia e cara ao nordeste até as cabeceiras do río Tapajós da conca do Amazonas.
Na conca do Amazonas, o centro de Bolivia é o límite noroeste da cordilleira, os afluentes da cabeceira do río Madeira que desemboca no nordeste; a seguinte cordilleira salta o río Guaporé (un afluente noroeste do Madeira), cara ao leste na fronteira entre o Brasil e Bolivia, e atópase a continuación na cabeceira do río Tapajós, e únese ao leste coa cabeceira extrema do río Xingú.
Unha área disxunta ocorre río abaixo no Tapajós e ao leste cara ao río Xingu, nunha zona de 850x750 km. Outras dúas poboacións localizadas atópanse na conca do Amazonas, unha no río Amazonas, a outra augas abaixo, no río Madeira.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moigrande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar en diminución, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación. Non se cuantificou o tamaño da poboación, pero non se cre que se aproxime aos limiares de vulnerábel. Por estes motivos o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Cyanocorax chrysops na Lista vermella da UICN. Consultada o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) no GBIF. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) no ITIS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cyanocorax chrysops |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cyanocorax chrysops |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. & Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7630-1.
- Tracewski, L., Butchart, S. H. M., Di Marco, M., Ficetola, G. F., Rondinini, C., Symes, A., Wheatley, H., Beresford, A. E. & Buchanan, G. M. (2016): "Toward quantification of the impact of 21st-century deforestation on the extinction risk of terrestrial vertebrates". Conservation Biology 30 (5): 1070-1079.