Cuartifusa
A cuartifusa é unha figura musical que equivale a 1/128 do valor dunha redonda, isto é, dura a metade dunha semifusa.
Representación gráfica
[editar | editar a fonte]Represéntase por un círculo negro cunha hasta terminada por cinco bandeirolas ao lado. O seu símbolo en Unicode é U+1D164[1].
-
Cuartifusa.
-
Silencio de cuartifusa.
Uso
[editar | editar a fonte]Era moi usada na música barroca, mais a dificultade para executala fixo que progresivamente se deixase de empregar. Para prescindir dela os compositores simplemente duplicaron o tempo das súas pezas e empregaron no seu lugar semicorcheas, que son máis fáciles de ler.
A partir desa época é raro encontralas nas partituras e cando se utilizan acostuman aparecer en pasaxes breves e rápidas incluídas en movementos lentos. Por exemplo, figuran no primeiro movemento da Sonata Patética de Beethoven plasmando rápidas escalas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Musical symbols». Unicode.org