Saltar ao contido

Crocodilomorfos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Crocodylomorpha»)
Crocodilomorfos
Rango fósil: Triásico tardío–Actual
(desde hai 225 millóns de anos[1])

Hesperosuchus un dos primeiros crocodilomorfos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
(sen clasif.): Bathyotica (clado)
Superorde: Crocodylomorpha
Hay, 1930
Subgrupos

O dos crocodilomorfos (Crocodylomorpha) é un grupo de arcosauros no que están incluídos os crocodilianos e os seus parentes extintos.

Durante o Mesozoico e inicios do Cenozoico, os Crocodylomorpha eran moito máis diversos do que hoxe. As formas triásicas eran pequenos animais terrestres activos de constitución lixeira. Foron substituídos durante os inicios do Xurásico por varias formas de augas doces e mariñas. O Xurásico tardío, Cretáceo e Cenozoico viron o florecemento dunha ampla diversidade de liñaxes terrestres e semiacuáticas. Os "modernos" crocodilianos non apareceron ata o Cretáceo final. Entre os crocodilomorfos máis grandes están: o Crocodylus thorbjarnarsoni de 8,2 m de longo, o Deinosuchus riograndensis de 8,9 m, o Machimosaurus hugii de 9,6 m, e o Sarcosuchus imperator de 9,7 m.

Historia evolutiva

[editar | editar a fonte]
Cranio de Sebecus icaeorhinus

Cando se examinaron as súas especies extintas e o grupo troncal (stem group), a liñaxe crocodiliana (clado Crurotarsi) demostrou que fora un grupo moi diverso e adaptativo de réptiles. Non só son un grupo antigo de animais, polo menos tan vellos coma os dinosauros, senón que tamén evolucionaron nunha gran variedade de formas. As formas iniciais, os esfenosuquios, evolucionaron durante o Triásico tardío, e eran formas terrestres moi gráciles parecidas a galgos.

Durante o Xurásico e Cretáceo, nas formas mariñas da familia Metriorhynchidae, como Metriorhynchus, evolucionaron adquirindo extremidades anteriores que parecían paletas e tiñan unha cola similar á dos modernos peixes. Dakosaurus andiniensis foi unha especie estreitamente relacionada con Metriorhynchus, tiña un cranio que estaba adaptado a comer grandes réptiles mariños. Varias especies terrestres durante o Cretáceo evolucionaron facéndose herbívoras, como Simosuchus clarki e Chimaerasuchus paradoxus. Varias liñaxes durante o Cenozoico fixéronse predadoras completamente terrestres.

Taxonomía e filoxenia

[editar | editar a fonte]

Historicamente, todos os crocodilos vivos e existentes foron indiscriminadamente agrupados na orde Crocodilia. Porén, desde a década de 1980, moitos científicos empezaron a restrinxir a orde Crocodilia ás especies vivas e os seus parentes extintos máis próximos como Mekosuchus. Os demais grupos que antes se coñecían como Crocodilia foron renomeados como Crocodylomorpha e os lixeiramente máis restrinxidos Crocodyliformes.[2] Aos Crocodylomorpha déuselles a categoría de superorde nalgúns estudos do século XX e XXI.[3]

O vello taxon Crocodilia foi subdividido nas subordes:

Mesosuchia é un grupo parafilético, xa que non inclúe os eusuquios (que están incrustados dentro de Mesosuchia). Mesoeucrocodylia foi o nome que se lle deu ao clado que contén os mesosuquios e eusuquios (Whetstone e Whybrow, 1983).

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Velaquí un cladograma modificado a partir de Nesbitt (2011) [4] e Bronzati (2012).[5]

Crocodylomorpha 

CM 73372

Hesperosuchus

Dromicosuchus

Sphenosuchus

Dibothrosuchus

Terrestrisuchus

Litargosuchus

Kayentasuchus

 Crocodyliformes 

Protosuchia

 Metasuchia 

Notosuchia

Neosuchia

As definicións previas de Crocodilia e Eusuchia non representan axeitadamente a evolución do grupo. O único taxon con nivel de orde que actualmente se considera válido é Crocodilia na actual definición. Os crocodilos prehistóricos están representados por moitos taxons, pero como se poden recoñecer algúns dos grupos maiores das formas extintas, a decisión de delimitar novos clados do nivel de orde xa non é posible. (Benson & Clark, 1988).

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Os Crocodylomorpha comprenden animais de varias formas e tamaños que ocupaban varios hábitats, polo que tamén son moi variados na súa bioloxía. Como a maioría dos réptiles, os Crocodylomorpha eran oviparos, que poñían ovos nun niño ou morea, coñecidos desde o Xuráscio tardío.[6] Os tamaños dos adultos varían entre uns 20 cm de longo como en Knoetschkesuchus a tamaños xigantes como en Sarcosuchus. A maioría dos crocodilomorfos eran carnívoros, pero moitas liñaxes evolucionaron ata converterse en piscívoros obrigados, como os gaviais.

  1. Irmis, R. B.; Nesbitt, S. J.; Sues, H. -D. (2013). "Early Crocodylomorpha". Geological Society, London, Special Publications 379: 275. doi:10.1144/SP379.24. 
  2. Martin, J.E.; Benton, M.J. (2008). "Crown Clades in Vertebrate Nomenclature: Correcting the Definition of Crocodylia". Systematic Biology 57 (1): 173–181. PMID 18300130. doi:10.1080/10635150801910469. 
  3. Parrilla-Bel, J.; Young, M. T.; Moreno-Azanza, M.; Canudo, J. I. (2013). Butler, Richard J, ed. "The First Metriorhynchid Crocodylomorph from the Middle Jurassic of Spain, with Implications for Evolution of the Subclade Rhacheosaurini". PLoS ONE 8: e54275. PMC 3553084. PMID 23372699. doi:10.1371/journal.pone.0054275. 
  4. Nesbitt, S.J. (2011). "The early evolution of archosaurs: relationships and the origin of major clades" (PDF). Bulletin of the American Museum of Natural History 352: 1–292. doi:10.1206/352.1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2019. Consultado o 03 de agosto de 2017. 
  5. Bronzati, M.; Montefeltro, F. C.; Langer, M. C. (2012). "A species-level supertree of Crocodyliformes". Historical Biology 24: 1. doi:10.1080/08912963.2012.662680. 
  6. Russo, J.; Mateus, O.; Marzola, M.; Balbino, A. (2017). "Two new ootaxa from the late Jurassic: The oldest record of crocodylomorph eggs, from the Lourinhã Formation, Portugal". PLOS ONE 12 (3): 1–23. doi:10.1371/journal.pone.0171919. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]