Saltar ao contido

Corégono de Artedi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coregonus artedi
Corégono de Artedi

Coregonus artedi
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Xénero: Coregonus
Especie: C. artedi
Nome binomial
Coregonus artedi
Lesueur, 1818
Área de distribución de Coregonus artedi
Área de distribución de Coregonus artedi

Área de distribución de Coregonus artedi
Sinonimia
Véxase o texto

O corégono de Artedi[2] (Coregonus artedi) é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus.[3][4][5] propio de Norteamérica.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1818 polo naturalista francés Charles Alexandre Lesueur.[3][4][5]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Coregonus.

O epíteto específico, artedi, foi unha homenaxe que Lesueur lle fixo a Peter Artedi (1705-1735), ictiólogo sueco, coñecido como o "pai da ictioloxía".

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3][4]

  • Argyrosomus artedi (Lesueur, 1818)
  • Argyrosomus eriensis Jordan & Evermann, 1909
  • Argyrosomus huronius Jordan & Evermann, 1909
  • Argyrosomus tullibee (Richardson, 1836)
  • Coregonus actedii Lesueur, 1818 (erro gramatical)
  • Coregonus artedii Lesueur, 1818 (erro gramatical)
  • Leucichthys artedi (Lesueur, 1818)
  • Leucichthys churchillensis Fowler, 1948
  • Leucichthys eriensis (Jordan & Evermann, 1909)
  • Leucichthys harengus (Richardson, 1836)
  • Leucichthys macropterus Bean, 1916
  • Leucichthys manitoulinus Jordan & Evermann, 1911
  • Leucichthys nueltinensis Fowler, 1948
  • Leucichthys ontariensis Jordan & Evermann, 1911
  • Leucichthys supernas Jordan & Evermann, 1911
  • Leucichthys tullibee (Richardson, 1836)
  • Salmo artedi (Lesueur, 1818)
  • Salmo harengus Richardson, 1836
  • Salmo tullibee Richardson, 1836

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Coregonus artedi é un peixe que habita en augas mariñas, doces e salobres.[6]

É unha especia peláxica-nerítica, anádroma,[6] que vive nun rango de profundidade entre os 0 e os 64 m,[7] en augas cunha temperatura comprendida entre os 0 °C e os 26 °C.[8]

Distribución

[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución esténdese desde os 71° N e os 38° N, e desde os 136° O e os 69° O,[9] encontrándose en América do Norte, nas concas atlánticas e árticas desde o Quebec até os Territorios do Noroeste, no Canadá e polo sur até o río San Lourenzo, os Grandes Lagos e a conca superior do río Mississippi no norte de Ohio, Illinois e Minnesota, nos Estados Unidos. Foi introducido noutros lugares.[10]

Características

[editar | editar a fonte]

Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 57,0 cm,[9] pero a lonxitude media dos espécimes é de 29,3 cm.[11] O máximo peso rexitrado foi de 3,4 kg.[12]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Habita en augas abertas de lagos e grandes ríos, e tamén nas augas costeiras da baía de Hudson,[9][13]

É unha especie nerito-peláxica que se alimenta de plancto e de grandes crustáceos.[14]

Lonxevidade

[editar | editar a fonte]

A máxima idade rexistrada foi de 11 anos.[11]

Relacións cos humanos

[editar | editar a fonte]

Consómese fresco, afumado e conxelado. Pódese cocer ao vapor, fritir e asar.[13]

Pesca comercial

[editar | editar a fonte]

A pesca comercial desta especie no lago Superior e na Canle Norte do lago Huron é unha fonte económica moi importante para as comunidades da rexión dos Grandes Lagos.[15] A súa pesca comercial comezou no ano 1800. Inicialmente, no lago Ontario, foron elimibaos porque se consideraban unha molestia. Porén, hai evidencias dun cambio na súa percepción en 1833, cando foi un obxectivo e se consideraba bo para comer.[16] En Ontario, o rendemento da súa pesca foi de 328 toneladas en 2018. Este número é substancialmente inferior ao de anos anteriores que se remontan a 2012, todos os cales superaron as 350 toneladas. Este descenso debeuse a unha redución das cotas para a pesca comercial coa esperanza de combater un posíbel descenso da poboación.[17]

Aínda que aínda xoga un papel importante na dieta de moitas persoas, a súa utilidade principal son as súas ovas. O seu caviar fíxose popular na cultura escandinava, e é a principal causa de demanda desta especie nas últimas décadas.[18] Os espécimes máis pequenos tamén se poden enmallar e vender como cebo para usar na pesca recreativa.[19]

Pesca recreativa

[editar | editar a fonte]

A especie é obxecto da pesca deportiva en moitas partes dos Estados Unidos e do Canadá. É popular para capturalo, especialmente mentres se pesca no xeo cando é máis probábel que se atopen nas partes máis baixas dos Grandes Lagos.[19] A pesca recreativa non está restrinxida aos Grandes Lagos. Hai unha popularidade única para a súa pesca no xeo no lago Simcoe, onde a pesqueira reabriuse en 2015 tras unha rehabilitación exitosa da súa poboación.[20]

  1. Giménez Dixon, M. (1996): Coregonus artedi na Lista vermella da UICN. Verisón 2021-3. Consultada o 1 de abril de 2022.
  2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, páx. 59.
  3. 3,0 3,1 3,2 Coregonus artedi Lesueur, 1818 no WoRMS. Consultado o 1 de abril de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Coregonus artedi Lesueur, 1818 no GBIF. Consultado o 1 de abril de 2022.
  5. 5,0 5,1 Coregonus artedi Lesueur, 1818 na BioLib. Consultada o 1 de abril de 2022.
  6. 6,0 6,1 Morin, B. C. Hudon & F. Whoriskey (1991): "Seasonal distribution, abundance, and life-history traits of Greenland cod, Gadus ogac, at Wemindji, eastern James Bay". Can. J. Zool. 69: 3061-3070.
  7. Scott, W. B. & E. J. Crossman (1973): Freshwater fishes of Canada. Ottawa: Bull. Fish. Res. Board Can. 184,
  8. Beitinger, T. L. & W. A. Bennett (2000): "Quantification of the role of acclimation temperature in temperature tolerance of fishes". Environ. Biol. Fishes 58 (3): 277-288.
  9. 9,0 9,1 9,2 Page, L. M. & B. M. Burr (2011): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Boston: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-3959-1091-7.
  10. Froese & Pauly 2022.
  11. 11,0 11,1 Hugg, D. O. (1996): MAPFISH georeferenced mapping database. Freshwater and estuarine fishes of North America. Life Science Software. Dennis O. & Steven Hugg. Edgewater, Maryland, USA.
  12. International Game Fish Association (1991): World record game fishes. International Game Fish Association, Florida, USA.
  13. 13,0 13,1 Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Osney Mead, Oxford, Inglaterra: England Fishing News Books. ISBN 978-0-8523-8213-4.
  14. Coad, B. W. & J.D. Reist (2004): "Annotated list of the arctic marine fishes of Canada". Can. MS Rep. Fish Aquat. Sci.: 2674.
  15. "Lake herring". www.fws.gov.
  16. Kerr, S. J. (2010): "Fish and Fisheries Management in Ontario: A Chronology of Events". Biodiversity Branch. Ontario Ministry of Natural Resources. Peterborough, Ontario.
  17. "Fisheries Statistics - Ontario Commercial Fisheries". www.ocfa.ca.
  18. "Europe's Taste For Caviar Is Putting Pressure On A Great Lakes Fish". NPR.org.
  19. 19,0 19,1 "Lake Herring, Coregonus artedi". www.arctic.uoguelph.ca.
  20. "Lake Simcoe Fishing - Lake Herring (Cisco)". sites.google.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]