Saltar ao contido

Conversa:Neoxeno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acentuación

[editar a fonte]

Segundo a miña opinión, a acentuación deste termo debería ser, segundo as regras de adaptación de tecnicismos de orixe grega, Neóxeno, por derivar dos elementos neo-, do grego νέος néos, "novo", e ´-xeno, do grego γένος génos,"nacemento", "orixe", e que, por ser o épsilon do segundo compoñente breve, fai recaer, no latín científico neogenus, o acento na sílaba anterior, como ocorre noutros termos fomados co mesmo segundo compoñente, como autóxeno, canceríxeno, halóxeno, glicóxeno, etc.
Son consciente de que a RAG prescribe, no seu dicionario, *neoxeno, pero tamén de que isto seguramente é un erro (do que xa advertín á douta institución, xa que, pola contra, sanciona autóxeno, canceríxeno, halóxeno e glicóxeno. --XoioÉche o que hai 29 de novembro de 2012 ás 13:42 (UTC)[responder]