Concello de Arboga
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västmanland | ||||
Capital | Arboga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.018 (2024) (33,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 419,38 km² | ||||
Altitude | 82 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Arboga Municipality, Sweden (en) | Nils Brodin (en) (1971–1979) Per-Olov Nilsson (en) (1980–2005) Olle Ytterberg (en) (2005–2014) Agneta Bode (en) (–2016) Anders Röhfors (en) (2016–2020) Jonna Lindman (en) (2020–) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | arboga.se | ||||
Arboga é un concello sueco (s. kommun) do condado de Västmanland,[1] A súa capital é a homónima vila de Arboga.
O municipio está situado na costa norte do lago Hjälmar. A economía local está dominada por industrias do metal e enxeñería.
O desenvolvemento da poboación foi durante tempo relativamente estable, aínda que houbo unha diminución de poboación dende que se creou o concello ata o ano 2015. Tradicionalmente o concello foi un forte bastión para os socialdemócratas, que deixaron o poder en 2016 tras 97 anos de alcaldía ininterrompida.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Con respecto ás rexións históricas, as terras do concello de Arboga pertenceron ás rexións (landskap) de Västmanland e Närke. Coa reforma municipal de 1971, á cidade de Arboga sumáronselle as terras do antigo concello rural de Medåker, e tres anos máis tarde a parroquia de Götlunda pasou a Arboga desde o concello de Orebrö.
O concello limita ao leste cos de Kungsör e Eskilstuna, ao oeste cos de Orebrö e Lindesberg, e ao norte co municipio de Köping.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]Aínda que como é xeral en Suecia hai abondos lagos no territorio municipal, o máis destacado é o Hjälmar,[1] un dos maiores lagos do país, e que tamén é a principal fonte de auga do concello.[2] O río Arbogaån cruza o municipio de oeste a leste, abre a canle Hjälmar que comunica co lago do mesmo nome, e prosegue por outros municipios ata facer foz no lago Mälar, o que está ás costas de Estocolmo. Outros grandes lagos do concello son o Högsjön e o Tjurlången. A eutrofización é un problema importante que afectou a case todos os cursos de auga e lagos do municipio.[3]
Protección natural
[editar | editar a fonte]No ano 2022 había 12 reservas naturais no municipio de Arboga.[4] Entre elas atópase a reserva de Amerika con bosque e pantanos, así como as dúas lagoas de Amerikasjön e Lungsjön. Na zona hai varias especies de libeliñas, así como animais máis grandes como castores, gamos, cervos e alces.[5] A reserva de Södra Hammaren, situada ao lado da de Norra Hammaren, é unha reserva creada xa no ano 1920. No vello prado de feo medran hoxe árbores que teñen uns 200 anos.[6] Outros exemplos de alfaias naturais son as illas de Hengrundet, Notholmen ou Valen[4], no lago Hjälmar.
Áreas urbanas
[editar | editar a fonte]Na delimitación de aglomeracións do Instituto Nacional de Estadística de Suecia en 2015 había tres áreas urbanas no municipio de Arboga.
Nr | Área urbana | Poboación |
---|---|---|
1 | Arboga | 10.841 |
2 | Götlunda | 265 |
3 | Medåker | 212 |
Economía e infraestruturas
[editar | editar a fonte]A economía local está dominada polas industrias de metal e de talleres, algo típico nos concellos do interior do val do Mälaren. Este tipo de industrias foi complementada posteriormente cunha industria de tecnoloxía da información de rápido crecemento, formada por pequenas e medianas empresas, que son en gran parte empresas de consultoría para a empresa máis grande do municipio, o Grupo Saab.[7]
Transporte
[editar | editar a fonte]As rutas europeas E18 e E20 atravesan o concello de oeste a leste, ao igual que a estrada do condado 249. A través do municipio tamén pasa a liña de ferrocarril Mälarbanan (Estocolmo–Västerås–Örebro–Hallsberg).[7]
O aeródromo militar de Arboga pertence no presente a Saab e un obxecto protexido que non se pode fotografar e ao que non se pode acceder.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Vatten och avlopp - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Hur mår vattnet i Arboga? - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ 4,0 4,1 "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Amerika". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Södra Hammaren". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
- ↑ 7,0 7,1 "Arboga - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-01.