Saltar ao contido

Coalición por Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coalición por Europa (CEU)
Coalición electoral de España1
Dirixentes e organización
LíderRamon Tremosa
Izaskun Bilbao
MocidadesNon
Historia
Fundación2009
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia
Progresismo
Nacionalismo
Democracia cristiá
Centrismo
Social-liberalismo
Outros datos
SedeNon
PublicaciónNon
Na rede
Non
1 Coalición integrada por CDC, EAJ-PNV, UDC, CC, Compromiso por Galicia

Coalición por Europa (CEU) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Foi a sucesora natural da coalición Galeusca-Pobos de Europa, das eleccións ao Parlamento Europeo de 2004; e estivo formada por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Partido Andalucista, Unió Mallorquina, Unió Menorquina e Bloc Nacionalista Valencià.

Con este mesmo nome repetiron a súa presentación en '2014, nos comicios europeos dese ano, formada tamén por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco e Coalición Canaria, pero en vez dos partidos rexionalistas e nacionalistas de Andalucía, Baleares e Valencia, figuraba a formación galega Compromiso por Galicia.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Cómpre sinalar que, ao ser unha coalición electoral, e ao estar os seus membros no Parlamento Europeo en partidos diferentes, a coalición non tivo un programa propio. Cada partido que a integra tivo o seu programa.

Porén, pódense sinalar unhas liñas básicas, como son a defensa dunha Europa das rexións, dunha Europa social e na que se valore o traballo, unha aposta pola competitividade económica etc.

Candidatos

[editar | editar a fonte]

Os sete primeiros postos da candidatura son os seguintes:

  1. Ramon Tremosa (Convergència Democràtica de Catalunya)
  2. Izaskun Bilbao (Partido Nacionalista Vasco)
  3. Salvador Sedó (Unió Democràtica de Catalunya)
  4. Claudina Morales (Coalición Canaria)
  5. Enric Nomdedeu (Bloc Nacionalista Valencià)
  6. Joan Carles Verd (Unió Mallorquina)
  7. Carlos Bautista (Partido Andalucista)

Os sete primeiros postos da candidatura son os seguintes:

  1. Ramon Tremosa (Convergència Democràtica de Catalunya)
  2. Izaskun Bilbao (Partido Nacionalista Vasco)
  3. Francesc Gambús (Unió Democràtica de Catalunya)
  4. Narvay Quintero (Coalición Canaria)
  5. Paulo Carlos López (Compromiso por Galicia)