Cidade metropolitana de Nápoles
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Campania | ||||
Capital | Nápoles | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.107.006 (2016) (2.653 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.171,13 km² | ||||
Altitude | 17 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 2015 | ||||
Organización política | |||||
• Metropolitan mayor of Naples (en) | Luigi de Magistris (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Metropolitan Council of Naples (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 80010–80079 e 80121–80147 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 081 | ||||
ISO 3166-2 | IT-NA | ||||
Identificador ISTAT | 263 | ||||
Páxina web | cittametropolitana.na.it |
A cidade metropolitana de Nápoles (en italiano Città metropolitana di Napoli) é un ente local administrativo, unha das 14 cidades metropolitanas de Italia, situada na rexión da Campania.
A súa capital é a cidade de Nápoles.
Desde o 1 de xaneiro de 2015 substituíu a provincia de Nápoles.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade metropolitana de Nápoles ocupa un territorio de 1 171 km² e, no ano 2016, contaba cunha poboación de 3 107 006 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2653,29 hab./km².
Limita ao norte coas provincias de Caserta e Benevento, ao leste coa de Avellino, ao sur coa de Salerno, e ao oeste co mar Tirreno.
A cidade metropolitana esténdese por unha estreita chaira costeira rematada en numerosos acantilados e, no interior, encóntranse os somontes apeninos e formacións volcánicas entre as que destaca o Vesuvio, volcán sobre o que se asentan poboacións con importantes restos romanos, como as cidades de Pompeia e Herculano, destruídas no ano 79 por unha erupción volcánica.
Economía
[editar | editar a fonte]O seu clima mediterráneo, pero con precipitacións bastante copiosas pero concentradas (Nápoles: 881 mm. anuais), permite que destaquen os cultivos propios deste clima: trigo, vide, oliveira e cítricos.
A industria concéntrase en Nápoles e nas súas poboacións máis próximas. Outros sectores de actividade económica son os servizos públicos e a administración pública, que empregan a case un terzo da poboación activa. Outras actividades importantes son o comercio, os transportes, a construción, os servizos bancarios, a agricultura e o turismo.[3]
Demografía
[editar | editar a fonte]Aínda que ocupa só o 8,6 % do territorio da Campania, a cidade metropolitana alberga a máis da metade da poboación rexional. Por iso unha peculiar característica en moitos municipios napolitanos é a elevada densidade da poboación: 26 municipios superan os 30 000 habitantes, e destes 12 tieñen máis de 50 000 residentes.
Principais municipios
[editar | editar a fonte]Municipios con máis de 50 000 habitantes:[2]
Municipios (Comune) | Poboación |
---|---|
Nápoles | 970 185 |
Giugliano de Campania | 123 839 |
Torre del Greco | 85 762 |
Pozzuoli | 81 528 |
Casoria | 77 319 |
Castellammare de Stabia | 66 164 |
Afragola | 64 558 |
Marano de Nápoles | 59 871 |
Acerra | 59 830 |
Portici | 55 012 |
Herculano | 53 231 |
Casalnuovo de Nápoles | 49 589 |
Principais zonas turísticas
[editar | editar a fonte]- A cidade de Nápoles.
- Os sitios arqueolóxicos de Pompeia, Herculano, Oplontis, Estabia, Cumas e Bayas.
- As illas de Ischia, Capri e Procida.
- A Península Sorrentina.
- O Vesuvio e o seu Parque Nacional
- Os Campos Flégreos.
- As basílicas paleocristiás de Cimitile.
- As antigas vilas vesubianas do Miglio d'oro.
O nacemento da cidade metropolitana de Nápoles
[editar | editar a fonte]O 1 de xaneiro de 2015 a provincia de Nápoles foi substituída pola cidade metropolitana de Nápoles, con arranxo á Lei 142 do 8 de xuño de 1990, á reforma do artigo 114 da Constitución da República Italiana, á Lei 42 do 5 de maio de 2009 sobre as autonomías locais, e á Lei 56 do 7 de abril de 2014. O seu territorio coincide exactamente co da suprimida provincia de Nápoles.[1]
Os órganos da nova entidade son:[1]
- Artigo principal: Cidades metropolitanas de Italia.
- O alcalde metropolitano (que actualmente coincide co alcalde da cidade de Nápoles).
- A Conferencia metropolitana (formada polos alcaldes de todos os municipios metropolitanos).
- O Consello metropolitano (formado por 24 concelleiros dos municipios metorpolitanos).
O 12 de outubro de 2014 tiveron lugar as eleccións de segundo nivel (indirectas: o electorado está composto polos concelleiros dos municipios metropolitanos, cuxo número varía segundo a poboación destes) para elixir aos 24 membros do Consello metropolitano.[4]
O 11 de xuño de 2015 foi votado e aprobado polo Consello e a Conferencia metropolitana o estatuto da entidade.[5]
No Plan Territorial de Coordinación (PTC) indícanse seis macroáreas de referencia: Nápoles, Nápoles Norte, Nápoles Noroeste, Nápoles Nordeste, Área Vesubiana, Área Nolana, Área Flégrea, Península Sorrentina.
O Consello metropolitano e a Conferencia metropolitana terán que convertelas en zonas territoriais homoxéneneas.[6]
Símbolos
[editar | editar a fonte]No escudo da cidade metropolitana de Nápoles figura un cabalo rampante negro sobre fondo dourado. Trátase do Corsiero del Sole (en galego "Corcel do Sol"), unha alegoría do espírito indomábel do poblo napolitano desde o século XIII.[7]
No lugar onde hoxe se sitúa a Basílica de Santa Restituta, actualmente incorporada á Catedral de Nápoles, en tempos antigos encontrábase o Templo de Apolo, cuxos restos aínda se poden admirar na ábsida e na nave. Cerca do Templo levantábase unha colosal estatua en bronce representando a un cabalo rampante; segundo as lendas locais, fora esculpido por Virxilio cun feitizo e posuía o poder milagroso de curar aos cabalos enfermos. Tamén se conta que cando Conrado IV de Suabia (Conrado von Hohenstaufen, duque de Suabia, rei de Sicilia, rei de Xerusalén e rei de Romanos), fillo de Frederico II Hohenstaufen, conquistou a cidade, fixo poñer un bocado na boca do cabalo para aplacar o desenfreo do pobo. Sendo obxecto destes rituais pagans, a estatua foi fundida en 1322 por orde do arcebispo Matteo Filomarino, e o seu bronce usaríase para realizar as campás da Catedral.[8][9]
O cabalo apareceu como símbolo identificativo de dous Sedili (consellos medievais de Nápoles): o Sedile de Capuana e o de Nilo.[10] Posteriormente, o Corcel do Sol converteuse no símbolo do Reino de Nápoles[11] e da provincia de Nápoles.[7]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Nápoles
-
Pompeia
-
Herculano
-
Oplontis
-
Estabia
-
Basílicas paleocristianas de Cimitile
-
Isquia
-
Capri
-
Procida
-
Península Sorrentina
-
Vesubio
-
Campos Flégreos
-
Villas del Miglio d'oro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Documento do Goberno italiano sobre as Cidades metropolitanas.
- ↑ 2,0 2,1 Datos do ISTAT, 31-12-2016 Arquivado 10-07-2019 en Wayback Machine..
- ↑ Perfil económico da provincia de Nápoles Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Camera di Commercio di Napoli.
- ↑ "Elezioni del Consiglio della Città metropolitana di Napoli". cittametropolitana.na.it (en italiano). 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ "La conferenza dei sindaci approva lo statuto della Città Metropolitana". ilmattino.it. 11 de xuño de 2015. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ "Piano Territoriale di Coordinamento (PTC)". cittametropolitana.na.it (en italiano). 10 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 "Cercasi logo per la Città metropolitana 'Sia il cavallo, imbizzarrito simbolo dal 1200'". corrieredelmezzogiorno.com (en italiano). 4 de decembro de 2014. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ "La testa del cavallo simbolo di Napoli.". cosedinapoli.com (en italiano). Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ "L'oro Di Napoli – Il Corsiero Del Sole, Il Vero Simbolo Di Napoli". ilvaporetto.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ "Sedili di Napoli". nobili-napoletani.it (en italiano). Consultado o 17 de abril de 2017.
- ↑ "Napoli Due Sicilie". rbvex.it (en italiano).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade metropolitana de Nápoles |
Ourtos artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da Cidade metropolitana de Nápoles Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en italiano).
- Cidade metropolitana de Nápoles en OpenStreetMap.
- Portal Guía da Provincia