Churrigueresco
O churrigueresco é un estilo extravagante de arquitectura e decoración, popular en España e en América Latina (especialmente en México e no Perú) no século XVIII, época do barroco, tamén usado algunhas veces para definir libremente, como un todo, o barroco e o rococó serodios na arquitectura española. É polo tanto un estilo barroco que presenta máis ornamentación. Foron construcións de retablos efémeros e tamén no arquitectónico.
A designación ten orixe na familia Churriguera, escultores de Salamanca, a quen se deben as principais contribucións para este estilo, notabelmente José Benito Churriguera, Manuel de Lara Churriguera e Nicolás Churriguera
En Galiza, malia non ter moita pegada, si aparece nalgúns retablos, coma no Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela. Porén deixa claramente a súa pegada na fachada barroca profusamente ornamentada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela, de Fernando de Casas Novoa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo de barroco churrigueresco.
-
Plaza Mayor de Salamanca (1729-1755), España.
-
Fachada da Basílica de Nosa Señora da Mercé de Lima, Perú.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Churrigueresco |