Chip e Chop
Chip e Chop (no orixinal en inglés Chip 'n Dale) son dúas tamias ficticias da Walt Disney, que aparecen en series de debuxos animados e historietas infantís. Chip e Chop non son verdadeiros esquíos, senón uns roedores do xénero Tamias, semellantes aos esquíos, tamén da familia Sciuridae.
De acordo coa Disney, Chip é o lóxico e Chop o tolo. Aparecen en varios debuxos do Pato Donald como antagonistas simpáticos, mais a súa estrea deuse nuns debuxos do Pluto de 1943. En 1989 protagonizaron unha serie propia: Chip 'n Dale Rescue Rangers (En Galicia emitido en castelán no espazo Club Disney de Televisión Española co nome Chip y Chop Guardianes Rescatadores ).
Personaxes principais
[editar | editar a fonte]Chip: irmán de Chop, é o máis intelixente dos dous. Está apaixonado por Gaddy Hackwrench, unha ratiña moi intelixente que tal como Chip, nunca demostra o seu amor por el, mais todos saben que os dous se aman. En Portugal coñécese co nome de Tico.
Chop (Dale): irmán de Chip, é medio tolo, mais cando se trata de salvar a vida fai o imposíbel virar real, Chop tamén gusta de Gaddy, mais sabe que o seu irmán gusta dela e non di ren. En Portugal coñécese co nome de Teco; Dale é o nome orixinal en inglés e o empregado en América Latina.
Aparicións
[editar | editar a fonte]Series de TV
[editar | editar a fonte]- Walt Disney's Wonderful World of Color (Serie de TV, 1961).
- Mickey Mouse Club (Serie de TV, 19??)
- Chip 'n' Dale Rescue Rangers (Serie de TV, 1989) : Chip e Chop aparecen coma rescatadores, e os seus novos personaxes, Gadget Hackewrench, Monterey Jack e Zipper enfróntanse aos malos como Fat Cat (Malacara) e o Profesor Notron Nimmul.
- Darkwing Duck (Serie de TV, 1991) : Chip e Chop fan un cameo nun episodio de TV.
- Mickey Mouse Works (Serie de TV, 1999) : Chip e Chop apareceron en dous episodios xunta o Pato Donald e Mickey Mouse.
- House of Mouse (Serie de TV, 2001).
- Mickey Mouse Clubhouse (Serie de TV, 2007): Chip e Chop aparecen en 3D nos episodios.
Series de curtas cómicas de debuxos animados
[editar | editar a fonte]- Walt Disney Comics and Stories #89, #204 (comezan coma personaxes habituais) (1940 - Presente)
- Four Color #517, 581, 636. (1942 - Presente)
- Chip 'n' Dale #4 - 30 (Dell) (1952 - 1962)
- Chip 'n Dale #1 - 64 (Gold Key) (1967 - 1984)
- Chip 'n Dale #65 - 83 (Whitman) (1967 - 1984)
- Chip 'n' Dale Rescue Rangers #1 - 17 (Disney) (xuño de 1990 - decembro de 1991)
- Chip 'n' Dale Rescue Rangers #1 - 8 (Boom) (decembro de 2010 - xullo de 2011)
Videoxogos de Chip e Chop
[editar | editar a fonte]- Chip 'n' Dale Rescue Rangers (1990 - Nintendo Entertainment System)
- Chip 'N Dale: Rescue Rangers: The Adventure in Nimnul's Castle (1990 - PC)
- Mickey's 123: The Big Surprise Party (1990 - Amiga)
- Chip 'n Dale: Rescue Rangers 2 (1993 - Nintendo Entertainment System)
- Mickey's Racing Adventure (1999 - Game Boy Color)
- Magical Tetris Challenge (1999 - Só en Game Boy Color)
- Dance Dance Revolution Disney Dancing Museum (2000 - Nintendo 64)
- Pop'n Music Mickey Tunes (2000 - Game Boy Color, Sony PlayStation)
- Dance Dance Revolution Disney Mix (2000/2001 - Arcade, Sony PlayStation)
- Walt Disney World Quest: Magical Racing Tour (2000 - Game Boy Color, Sega Dreamcast, Windows PC, Sony PlayStation)
- Disney's Toontown Online (2001 - PC)
- Chip 'n' Dale Rescue Rangers (2010 - Teléfonos móbiles)
- Kingdom Hearts (2002 - PlayStation 2)
- Kingdom Hearts II (2006 - PlayStation 2)
- Kingdom Hearts Birth by Sleep (2010 - PSP)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chip e Chop Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. no Inducks