Saltar ao contido

Centón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un centón (do grego kentron) é unha obra literaria composta utilizando versos ou fragmentos tirados de obras dun ou varios autores. Ten finalidade paródica ou de homenaxe ao autor sobre o que se basean.

Os centóns foron frecuentes na literatura grega e latina tardías, como o Cento Vergilianus, dedicado por Falconia Proba a Honorio, que trataba acontecementos bíblicos. O máis famoso é o Cento Nuptialis de Décimo Magno Ausonio, que se estendía por 131 liñas tomadas de obras de Virxilio (da Eneida, as Xeórxicas e as Églogas). Na literatura moderna empregárono Sannazaro e Petrarca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]